Feminismo
"O modelo educativo, non me formou na igualdade"
Estudiou Bacherlato, Idiomas. Fixo varios cursos, Monitor de Tempo Libre, Certificado de Profesionalidade.
Falamos con Jesús Martínez, xa que nos interesaba moito saber a opinión de un home xoven sobre a situación e a loita da muller
¿Qué é para ti a muller?
Son persoas, é a característica mais importante, non o xénero. Hai roles que están asociados a cada xénero, na maior parte dos casos non teñen nin pes nin cabeza e hai que ir poñéndoos no seu sitio. Por exemplo o rol das mulleres está asociado ás tarefas domesticas, o cuidado das crianzas. E o rol dos homes a traballar fora da casa. Por outro lado tamén se ve con maior normalidade que se queiran dos homes que dúas mulleres.
¿Crees que vivimos en unha sociedade patriarcal?
Si, este patriarcado ven intrínsecamente asociado a unha sociedade fundamentalmente capitalista
¿Qué opinas do Feminismo?
Entendendo que é un movemento que promove a igualdade entre as persoas, independentemente do seu xénero. Estou completamente de acordo coas súas reivindicacións. Ademáis penso que é necesario, no contexto actual, onde hai tantos feminicidios e tan pouca educación no tema.
Qué opinas, dise que os mozos cada vez controlan máis ás súas parellas, ¿Crees que é así?
Sí, creo que é así. Na vida cotiá aparecen moitas actitudes que podíamos catalogar como “micromachismos” que son comportamentos, as veces non visibles, pero que existen e que van conformando un conxunto de actitudes machistas tanto por parte dos homes como de as mulleres, que se dan a través da asimilación de roles. Por exemplo si eu teño unha moza e lle pido que me preste o seu móvil para mirar o seu wahtsapp e esto o fago habitualmente, convirtese en un control sobre ela.
A miña experiencia en esto, e que escoitei de varios casos esta situación pero foi correxida por os e as xóvenes.
Jesús, ¿cales foron os teus modelos de conducta?
O sistema educativo non me ofreceu, na infancia un patrón de comportamento na igualdade, mentres por exemplo na miña xeneración estudabamos Educación para a Ciudadanía, con pouca utilidade para a vida real, non éramos formados na igualdade. O camiño marcado polo sistema non facilita o desenvolvemento das persoas libres e iguales.No meu caso formeime na igualdade a través do activismo político e a Educación no Tempo Libre.
Por último, ¿consideraste feminista?
Si, eu creo que calquera persoa con sentidiño é feminista, aínda que non o saiba.