Feminismo
O venres 1 de setembro ás 19h Concentración Feminista en Obelisco, A Coruña
Ante a gravidade do ataque machista ao que estamos a asistir nos últimos días desde o ámbito do fútbol profesional, ante a xustificación da violencia machista que Luís Rubiales detallou no seu discurso durante a asemblea da federación española de fútbol, e ante a impunidade de que gozan os agresores, desde Libres e Combativas convocamos unha xornada estatal de mobilizacións para o vindeiro venres ás 19 h, que no caso da Galiza será na Coruña.
30 ago 2023
Desde Libres e Combativas chamamos a tódalas mulleres, a tódolos nosos compañeiros que loitan ao noso lado e a toda a mocidade a encher as rúas este 1 de setembro. Unha mobilización na que esixiremos que o goberno destitúa de xeito fulminante a Rubiales e aos adestradores das seleccións femininas e masculinas de fútbol, e abra unha investigación penal que chegue ata as últimas consecuencias respecto de tódalas denuncias de machismo, agresións sexuais e malos tratos, así como das gravísimas corruptelas económicas que enriqueceron a estes mafiosos.
A CONCENTRACIÓN terá lugar o venres 1 de setembro ás 19h en Obelisco.