Comercio de barrio
Coñecendo aos novos
Boas noticias: Nos últimos meses abriron moitos negocios no barrio. Puidemos coñecer e falar con algúns deles, e aquí contámosvos.
La Doña. Elena abre no mes de Marzo en Ángel Senra nº 30, e a partir da súa apertura, parece que se desencadea un bulebule e comezan a abrir novos negocios, varios deles concentrados preto de Ángel Senra.
É unha tenda de roupa, dedicada ás mozas, mozos, nenas e nenos. Defínea como roupa alternativa. Roupa de diferentes épocas que se mesturan, unha alternativa ás grandes firmas. Encántalle o barrio e a zona. Na súa cara reflíctese o a gusto que se atopa aquí.
Achegámonos a Porvén Papelería, coñecida en toda a cidade trasladouse ao barrio, agora está na rúa Marques de Figueroa nº 8, abriron no mes de Xuño. Falamos con Marcelo o seu propietario, gústalle moito esta zona, sentiuse moi ben recibido e ademais é unha rúa que está moi ben comunicada.
Marcelo dinos que na Papelería poden atopar de todo en material escolar, material de oficina, mochilas, complementos, detalles e suministros para o pequeno comercio. "Tes desde un caderno ata libros, mochilas, maletas, para a oficina desde os arquivadores, os folios, bolígrafos, bolígrafos de agasallo, axenda, maletíns, etc. para o comercio temos a bolsa de papel e plástico, bandexas de cartón e aluminio, manteis, servilletas, etc." Encantados de atendervos, esperámosvos.
E dámonos un “salto” a Ijoint, Javier e Marcos abriron a tenda na rúa Ángel del Castillo nº 3 no mes de Agosto e ofrecen produtos moi novedosos e en sintonía con esta época.
Produtos de gran calidade procedentes do cáñamo industrial que se aplica a unha liña de cosméticos baseados no CBD (composto natural presente no cáñamo) como crema rexeneradora, en aceites, e´ liquid, infusións, café, fariña, cañamón pelado, picadura e diversidade de produtos, o mellor é ir coñecer a tenda. E tamén ten a liña téxtil como pantalóns, camisetas, sudaderas, etc.
Novidades para coñecer
E seguimos. Case á beira abriu La Petite Arte Floral. Elisa abriu a súa florería no mes de xuño en ángel Senra nº 24. Todos os días alegra a rúa coas súas plantas diante do negocio.
Elisa, unha moza loitadora que trae 8 anos de experiencia na arte floral traendo novas ideas, cóntanos que utiliza flores diferentes dependendo da tempada, por exemplo, dinos: "temos flor de alcachofa, proteas, rosas silvestres, Pitiminí, etc. Tamén ten flor natural seca e preservada". Podemos atopar de todo, desde a planta ou flores para levar a casa, a preparar ramos, centros para casa ou para agasallo, a que nos decore a oficina con plantas e flores, en decembro preparan coroas de nadal e tamén preparan funerarios. Hai que coñecela.
E a unha distancia de poucos metros abriu Fontastur Gas, Fontanería, Calefacción. Lidia e Daniel fixeron a apertura do seu negocio o 17 de Maio na rúa Capitán Juan Varela nº 36. O seu negocio céntrase nos servizos de fontanería, gas e calefacción.
Son instaladores de gas, están especializados na calefacción, orientando a calefacción ao que mellor adáptase a cada fogar. "E por suposto a fontanería", dinos Lidia; “facemos todo tipo de instalación e reparación: grifería, tubería, sanitarios, etc " e contan con profesionais para facer todo tipo de reformas no fogar.
E outro apartado é a venda de cociñas, sanitarios, mobles de baño, variedade de grifería, quentadores, todo tipo de caldeiras, termos e radiadores. Están aquí ao lado, sempre abertos para dar o mellor servizo, e si en algún momento non están, tedes os números dos teléfonos na porta para calquer avería ou urxencia.
E alí moi cerca esta a Frutería Kimberly que abriu as súas portas no mes de Agosto. Andrés, o seu propietario está entusiasmado co seu proxecto e con emprender unha nova etapa onde crea o seu propio posto de traballo.
Dinos: “a mercadoría que teño é de calidade, vén directa do Mercado Central de Coruña” “A froita, verdura e hortaliza frescas do día e tan necesarias e utilizadas no día a día da veciñanza”. Andrés matiza o contentos que están no barrio e a axuda mutua que existe entre comerciantes e veciñas/vos. Atopádeslle en Ángel Senra n.º 30, na esquina con Ángel del Castillo.
Ata aquí o noso día dedicado a coñecer aos novos comerciantes, desexándolles que os seus negocios sexan prósperos e que aporten moito ao barrio e á dinamización do comercio de Os Mallos