Coronavirus

A Guerrilla dos Mallos publica un vídeo sobre o coronavirus

A Guerrilla dos Mallos sempre nos sorprende coas súas iniciativas comerciais. Esta vez, a súa creatividade é para facernos reflexionar, con agarimo e proximidade, sobre o que nos está pasando...

Falamos con Daniel Rocha.

A Guerrilla dos Mallos publica un vídeo sobre o coronavirus
Guerilla dos Mallos
Guerilla dos Mallos

A Guerrilla dos Mallos publicou un vídeo sobre o coronavirus, como xurdiu a idea?

Guerrilla Mallos aumentou seu grupo de whatsapp ata casi 40 locais da zona dos Mallos, e foimos falando dos intereses comúns, axudas, alugueres, etc. coma un clube social e con moitas ganas de facer cousas. Unha idea que xurdiu foi a de facer un vídeo nós. Falamos, escribimos este guión, démoslle forma… A idea é reivindicar cómo a sociedade reaccionou dunha forma positiva nunha situación tan forte cos exemplos que poñemos no propio vídeo. E a outra é o comercio local, a importancia estratéxica, económica e social do comercio local, qué é un dos pilares da sociedade e que non se trata como se debe dende as administracións públicas. Por exemplo Coruña, de ningún xeito, nin o Concello, nin a Xunta… A idea é reivindicar un comercio onde teñen saída produtos de pequenos produtores, que da vida a moitas familias, está maltratado… Nós non deixamos de ser vendedores que logo compran, entón o que queremos é reivindicar un ciclo de consumo no que esté moitísimo mais implicado o comercio local que a súa vez potencia o produto local e o produtor, o pequeno produtor.

A Guerrilla dos Mallos publica un vídeo sobre o coronavirus