Comercio de barrio
Un premio dos Días Azuis caeu nos Mallos
A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.
A campaña tivo lugar entre o 13 e o 26 de Maio de 2019 e nela poideron participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que mercaron nesas datas. Entre eles sorteáronse 16.200 euros en premios, distribuidos en 28 tarxetas prepago regalo de 300 euros (7 por provincia) e 52 tarxetas de 150 euros (13 por provincia), que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de xuño de 2019. O sorteo realizouse ante notario o 29 de Maio de 2019.
Para participar na campaña, había dous maneiras diferentes:
- Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.diasazuis.com
- Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistrase a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios. Deste xeito, tú como consumidor obterías unha participación a maiores para o sorteo.
* En ámbolos dous casos, ti como cliente debías fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.
Os gañadores dos premios foron contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido.
Na provincia da Coruña, obtiveron premios de 300€:
Juan Guasch Salanova, Juan Agrelo, Begoña Vazquez Adan, Amelia Corral Amado, Rosario Varela Pájaro, Rita Fungueiriño Castro e Eugenia Bellón Mato
E premios de 150€:
María De Carmen Rey López, Hany González González, Ana Isabel Barreiro Rodríguez, Guadalupe Lorenzo Rey, Carmiña Muñiz Blanco, María Benita Lampón Martis, Maruja Prieto Rivera, Lidia San Martín Troitiño, Maria Carmen Souto Suarez, Margarita Vázquez Alcalde, María José Platas, Ana Adan Quintela e Marta Moreira Rilo, quen fixo a súa compra no Centro Óptico Breogán do barrio dos Mallos.