A Tralla Brava anuncia a súa esperada churrascada anual

Despois de moito esforzo e perseveranza, o grupo A Tralla Brava confirma a celebración da súa tradicional churrascada.

O evento terá lugar o sábado 6 de xullo, na Esquina de Oro, de 13:00 a 17:00.

A Tralla Brava anuncia a súa esperada churrascada anual
Tralla Brava
Tralla Brava

Boa tarde a todos e todas:

Despois de moitos trámites e moita loita, podémoslle dar para diante ao que todos estabamos agardando: a churrascada da Tralla Brava.

O vindeiro sábado día 6 de xullo, en horario de 13:00 a 17:00, terá lugar o xantar do grupo que será, igual ca o ano pasado, na Esquina de Oro. Como xa sabedes, os socios estades convidados de balde; porén, as persoas que non pagaran a cota deberán pagar 15€ antes de xantar.

Informamos tamén de que a bebida non estará incluída dentro do pagado e correrá a conta de cada un. Só o xantar será de balde (ou 15€ en caso de non seren socios).

Moitas grazas e vémonos o sábado día 6.

A Tralla Brava anuncia a súa esperada churrascada anual