Falamos con Regina Basadre, médica no Centro de Saúde do Ventorrillo
Como vivir a vellez hoxe
Este taller, que consta de varias sesións será impartido por unha muller, Regina Basadre, que ademais da súa profesión como médica, se introduciu e especializou en os procesos correctores comunitarios.
Regina Basadre, médica no Centro de Saúde do Ventorrillo, hoxe nos fala como especialista en metodoloxía ProCC (procesos correctores comunitarios). Esta metodoloxía é estudada e impartida polo centro Marie Langer, con sede en diversas cidades españolas e tamén en outros países como Arxentina, Cuba, etc.
O seu ámbito de traballo e a intervención comunitaria, desde unha óptica de transformación social buscando a autonomía das persoas e aumentando a saúde da poboación.
Regina ¿que é o Centro Marie Langer?
Tal como dixen é un centro de intervención comunitaria, que estuda, analiza, traballa e investiga a través da metodoloxía dos procesos correctores comunitarios ProCC, malestares da vida cotidiana, quero dicir, malestares que vivimos na vida cotidiana que teñen que ver coa sociedade na que vivimos e que non podemos consultar co médico, xa que non son problemas estritaménte individuais, si, nos afectan as nosas vidas, pero son problemáticas colectivas, atravesan o sentir colectivo, por exemplo, cando chegas a vello ou te xubilas se dice “agora a disfrutar”, eu pregúntome que significa eso “agora a disfrutar”? Que antes non disfrutabas nada? De donde nace este guión? Tamen se escoita, “ser vello é unha carga”, “non valgo”, a vellez vivida como un elemento negativo, como unha carga. Todo isto ten que ver con un guión, nada que ver co a propia vellez. En outros tempos, por exemplo na sociedade grega os vellos eran seres de prestixio que gobernaban e decidían. Isto ten que ver cunha sociedade e un tempo dado, en este caso ten que ver co noso tempo, cunha sociedade capitalista, cun sistema de valores que a sociedade necesita para automanterse. Nesta sociedade é necesario a productividade, ese e o valor, no momento que non produces, perdes valor como individuo.
Entón o Centro Marie Langer é unha escola na que se estuda e investiga a intervención comunitaria, co obxectivo de construír espazos de reflexión sobre todas as temáticas sociais, neste caso nos centramos na vellez hoxe e como transformala.
En que vai consistir o Taller que vas a impartir na Asociación Veciñal Agra Orzán?
Si, o taller, como dicía, é un espazo de reflexión coas persoas que participan. Vaí dirixido a persoas maíores de 65 anos, o único requisito e que sexan persoas que cognitivamente esten ben.
Queremos reflexionar o que é a vellez aquí e agora e sobre todo coa visión de analizar os malestares da vida cotidiana que veñen por ser vellos, hai que ter en conta que ser vellos non é ser enfermos, xa que casi sempre se asocia a vellez á enfermidade.
O que imos traballar no taller son os cambios que conleva esta etapa da vida, son cambios biolóxicos, non é que se vaia para a baixo, mentres un vive vaise para adiante aínda que sea mais despacio, pero hai vida, e ademais o psicolóxico non ten que decaer e o social tampouco.
Poñemos unha mirada crítica que intenta ganar na saúde de cada persoa e analizamos o guión social no que vivimos, asumimos e nos resignamos, tal como se dice “éche o que hai”, este guión que está aí non é saudable.
Temos que construír un guión saudable, sacudir os fardos que non son nosos e que cada quen en calquera idade da vida poña en marcha o seu proxecto, da igual a idade, ter 70 como 80 anos, o importante é ter un proxecto. A nosa proposta respecto á vellez e que hai que vivila como todas as etapas da vida, con un proxecto e con ilusión.
Cantas sesións vai a ter o taller e cal e o límite de plazas?
A partir de 12 persoas ata 20 esta moi ben.
O taller “Como vivir a vellez hoxe” ten unha duración de 10 semanas, impártese 2 horas cada semana, imos facelo os martes pola mañá desde as 10.30 a 12:30 h. Comeza o 19 de abril e acabamos o 31 de xuño.
Agora mesmo xa está en marcha. Se se quere inscribir deberían facelo xa. Pódense inscribir na Asociación Veciñal Agra na Rúa Entrepeñas 38, tamén no teléfono: 981 26 10 44 ou no correo [email protected]