Concerto didáctico "Cantares dos Maios": achegando a cultura galega ás novas xeracións
Os Maios son unha das festividades máis populares en Galiza, e neste espectáculo interpretaranse cantigas propias desta celebración, falando das súas características e das persoas que as entoaban. Empregaranse instrumentos tradicionais galegos como o acordeón diatónico, a pandeireta e a requinta, achegando así as sonoridades da nosa música a un público máis amplo.
O concerto do venres está dirixido ás comunidades escolares do CEIP Raquel Camacho e do CEIP María Barbeito. Ademais, o día 14 de maio haberá outra función para a rapazada do IES Agra do Orzán, no salón de actos dese instituto ás 13 h.
Estas actividades enmarcanse dentro do programa "Agra no Ágora", financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra. Unha oportunidade única para que os máis novos descubran e disfruten da riqueza da nosa cultura.