Axenda cultural

ContaContos Homenaxe a Tomi Ungerer o Venres 15 e Sábado 16 de Febreiro

A Livraria Suévia organiza un ContaContos en homenaxe a Tomi Ungerer

ContaContos Homenaxe a Tomi Ungerer o Venres 15 e Sábado 16 de Febreiro
ContaContos-Tomi-Ungerer
ContaContos Tomi Ungerer

A Coruña, 12 de febreiro de 2019.- Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar un ContaContos  o vindeiro venres 15 de febreiro ás 18.30h e o sábado 16 de febreiro ás 12.00h, en homenaxe ao recentemente falecido Tomi Ungerer. Gañador do Premio Hans Christian Andersen en 1998, Ungerer foi unha das figuras máis importantes da cultura de Alsacia. Faleceu o pasado 9 de febreiro en Cork. O Contacontos está recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos. Contaranse as seguintes historias do autor, editadas todas elas en galego pola editorial Kalandraka: 

  • Rufus. O morcego que adoraba as cores
  • Novos amigos
  • Os Tres bandidos
  • Críctor

Para rematar, haberá un Obradoiro de Morcegos, no que cada nen@s poderá facer un monicreque de Rufus.  

A actividade é gratuíta e non é necesario anotarse previamente.

ContaContos Homenaxe a Tomi Ungerer o Venres 15 e Sábado 16 de Febreiro