Asociación Veciñal Praza do Comercio | nota de prensa
Festa de Entroido na Praza do Comercio
A Asociación de Veciños Plaza del Comercio, dentro das múltiples actividades que realiza para o disfrute dos veciños, organiza para o día 26 de Febreiro, unha Festa de Entroido, cunha ampla programación.
Escomenzará as once e media da mañá, cun pasacalles polas rúas do barrio a cargo do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes. De seguido, as doce e media da mañá, e ca participación deste grupo, terá lugar unha sesión vermú e foliada. Poderase disfrutar as dúas e media da tarde, dunha comida con cocido tradicional, e deseguido, as catro da tarde dun concurso de orellas e filloas. Rematan as actividades as cinco da tarde con merenda infantil e baile de disfraces, continuando a festa ata a noite.
A festa de Entroido terá unha temática de O Circo, e se anima a vir a todas as persoas que queran a vir disfrazadas e gozar de esta festa.
Para a degustación do cocido tradicional, e para o concurso de orellas e filloas é necesario unha inscrición previa que pode realizarse a través do enderezo electrónico [email protected] o no local da Asociación sito na Praza do Comercio, nº3 – Baixo.
Salientar que a actuación dos Viqueiras de Ordes, encadrase dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Animamos a vir a nenos, xovenes e maiores a desfrutar do Carnaval connosco!