Axenda cultural

A Livraria Suévia acolle mañá presentación do último poemario de Carlos Callón

A Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) acolle esta semana varias actividades pola celebración do 23 de Abril, Día do libro. O Mércores 24 ás 20.00h Carlos Callón presenta o seu último poemario, editado por Galaxia "Inscricións". 

A Livraria Suévia acolle mañá presentación do último poemario de Carlos Callón
PresentacionCallon
PresentacionCallon

Acompañarán ao autor:

  • María Xosé Bravo (Presidenta da A.C. Alexandre Bóveda)
  • María Vilariño (Profesora de lingua e literatura galega)
  • Belén Maside (Enfermeira do CHUAC)

 

Ademais, tamén teremos as seguintes actividades, dentro da celebración do Día do Libro:

  • *Venres 26 ás 18.30h @s nenas e nenos de 5º de E.P. do CEIP Raquel Camacho, representarán o Conto,  "O monstro de Cores".
  • *Sábado 27 ás 12.00h terá lugar un ContaContos Especial Día do Libro. Contaranse varias historias e haberá un Obradoiro no que @s pequen@s poderán facer un Comedeiro para paxaros, que logo colgarán nas árbores do barrio.

 

A Livraria Suévia acolle mañá presentación do último poemario de Carlos Callón