Axenda cultural
A Livraria Suévia acollerá un ContaContos e un Obradoiro de pulseiras
Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar un Contacontos o próximo VENRES 9 de novembro ás 18.30h e o SÁBADO 10 de novembro ás 12.00h, recomendado para nenos e nenas de máis de 3 anos.
05 nov 2018
Contaranse varias historias, baseadas nos seguintes títulos:
- El cocodrilo al que no le gustaba el agua de Gemma Merino, editado por Picarona
- Pájaro Amarillo de Olga de Dios, editado por Apila Ediciones
- El pez Aroiris de Marcus Pfister editado por Beascoa
Para rematar, as nenas e nenos participarán nun obradoiro no que elaborarán unha pulseira co seu nome, formada por dados de letras.
Esta actividade é gratuita e non é necesario inscribirse.