Axenda cultural
A Livraria Suévia acollerá o próximo Venres 14 e Sábado 15 un Contacontos
Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) terá lugar un Contacontos o próximo VENRES 14 ás 18.30h e SÁBADO 15 ás 12.00h, dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos, ContaContos Volta ao Cole. Contaranse varias historias, baseadas nos seguintes títulos:
12 sept 2018
- - Lola e as 21 Vacas de Blas Rueda e Banca Millán, editado por Trinqueta Verde
- - Hai una Tigre no Xardín de Laizzy Stewart, editado por Trinqueta Verde
- - ¡Se Busca! Lili la liebre, ladrona de libros de Emily MacKenzie, editado por Combel
- -Esto no es una Selva, de Susanna Isern e Rocio Bonilla, editado por Flamboyant
Ao remate do Contacontos realizarase o obradoiro "Todo o mar nunha botella" no que as nenas e nenos poredán xogar coas diferentes densidades dos líquidos e reproducir o mar nunha botella. Para participar só é necesario que cada nen@ leve unha botella valeira de plástico pequena .
Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.