Axenda cultural
Na Livraria Suévia terá lugar un ContaContos pola Igualdade o próximo sábado
Na Livraria Suévia (r/Vila de Negreira, 32) terá lugar un contacontos o próximo Sábado 10 de Marzo ás 12.00h, dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos, para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Baixo o título Contos pola Igualdade, contaranse varias historias, nas que se intenta achegar aos nenos e nenas a necesidade dunha igualdade real.
- Qué: Contacontos pola Igualdade
- Cando: sábado 10 de marzo ás 12h
- Onde: Livraria Suevia, rúa Vila de Negreira, 32
Contaranse varias historias, baseadas nos seguintes títulos:
-
Max e os Superheroes de Rocío Bonilla, editado por Algar
-
Velliñas de Charo Pita , editado por OQO editora
-
O libro dos Porcos, de Anthony Browne editado por Kalandraka
-
Daniela Pirata de Susanna Isern editado por NubeOcho
-
Mamá al galope de Jimena Tello editado por Flamboyant
Ao remate do Contacontos realizarase un obradoiro no que as nenas e nenos deseñarán a súa Super-Heroe particular.
Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse