Axenda social

Nicanor Acosta recibirá o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade 2019

O xurado formado por Xosé Manuel Pereiro, Álvaro Someso, Pura Barrio, Moncho Viña e Francisco Cerviño (socias/os do Foro Cívico, pero que non pertencen á Xunta Directiva) acordou onte por unanimidade conceder a Nicanor Acosta Alonso o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade 2019.
Nicanor Acosta recibirá o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade 2019
Nico
Nicanor Acosta
A Coruña, 4 de decembro de 2019.- O xurado tivo en conta a súa traxectoria exemplar en defensa dos máis débiles e a súa constancia en defensa de causas xustas. Con 80 anos Nicanor Acosta persiste na defensa dos valores cívicos e humanos. Loitou contra a ditadura franquista, segue loitando pola Memoria Histórica e no seu relato vital amosa unha loita diaria e dun exemplo sempre de compromiso.

Nicanor Acosta era cura da parroquia coruñesa de San Jorge en 1969. Detido por enfrontarse á ditadura franquista, estivo un ano no cárcere de Zamora.  En 1971 comeza cun activismo en Comercio Xusto, Forum Propolis, Asociación de Educadores pola paz en Compostela, Foro Galego de Inmigración, campaña “SOS polos dereitos das persoas migrantes”; participa na Coruña na constitución da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.

Participou no movemento 15M en 2011, acampando cos máis novos, facéndose partícipe da súa angueira, tamén indignada. Membro activo do “Stop desahucios” participando en escraches e resistencias a desafiuzamentos. No 2013 e 2016 ten que ir a xuízos por “alterar a seguridade” e chamar “ladróns” aos que vendían produtos tóxicos da banca, sendo a persoa máis visible das protestas e convocatorias dos afectados polas preferentes. Participa tamén no colectivo de ex–presas/os políticas/os na ditadura.

O premio conta coa colaboración da Deputación e do Concello da Coruña. Nas dúas primeiras edicións foron premiadas a A.C. Alexandre Bóveda e Asociación de Veciños de Monte Alto.

O premio desta 3ª edición será entregado nunha cea o venres, 13 de xuño, ás 21,30 horas no Club do Mar de San Amaro. O prezo da cea será de 22 euros e as persoas interesadas en participar poden comunicalo a: [email protected] ou no teléfono 698165122 (Indicade se de segundo prato queredes peixe ou carne).

Nicanor Acosta recibirá o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade 2019