Agra do Orzán
O venres comeza a festa do barrio da Agra do Orzán, FoliAgra, ata 25 de xuño
As nosas rúas serán o mellor destino para cantar, bailar e tomar uns aperitivos ou xantar calquera sábado e domingo do mes de xuño: entre as 12 e as 14:30 h. os pasarrúas encherán as rúas de música e baile tradicional: sairán da praza das Cunchiñas e irán percorrendo as rúas anexas con música e pezas de baile.
Lamentablemente no noso barrio carecemos de espazo público e non temos onde organizar a festa ao aire libre, por iso para as crianzas recorremos ao espazo dos colexios; para o público xeral organizamos os concertos no auditorio do Centro Ágora. Agardemos que cando teñamos o Parque da Agra poidamos dispoñer un recantiño de convivio onde xuntármonos a veciñanza!
A xeito de convite, achegamos o cartel da programación da FoliAgra deste ano.
Programa completo en: http://galizacultura.gal/agra/
Nesta ligazón pódense localizar no mapa os diferentes eventos da FoliAgra 2023 coa información actualizada.
FoliAgra das CRIANZAS
C.E.I.P. Raquel Camacho
· 2 de xuño, venres: Eira Xandobeleira (xogos tradicionais)
· 9 de xuño, venres: tres funcións dun espectáculo de maxia, con Martín Camiña/Fani Triana
CEIP María Barbeito e Cerviño
· 9 de xuño, venres: Eira Xandobeleira (xogos tradicionais)
· 19 de xuño, luns: tres funcións dun espectáculo de maxia, con Martín Camiña/Fani Triana
RUADAS
(das 12 ás 14:30 h) Saída dende a Praza das Cunchiñas
· sábado 3: Herba Grileira
· domingo 4: Orballo
· sábado 10: Donaire
· domingo 11: Santaia
· sábado 17: Cántigas da Terra
· domingo 18: Cántigas e Frores
· sábado 24: Ancoradoira
CONCERTOS:
25 de xuño no auditorio do Centro Ágora (entrada libre e de balde)
· A partir das 12 h: Banda Municipal da Coruña
· Ás 19 h: Tiruleque
CANTOS DE TABERNA
(das 20 ás 23 h.) os grupos actúan durante 30 minutos en cada local
· sábado 3 de xuño:
-grupos: Tradivivas Agra; Vento Mareiro; Tombalobos; Raíñas ao lado de..; Cantareiros do Naval
-locais: Adega Cacabelos; Cafetaría De Juanes; Adega A Grade; Cafetaría D’ylons; Cafetaría Coruña
· sábado 17 de xuño:
-grupos: Son d’aquí; Parabéns; Raíñas ao lado de..; Cantareiros do Naval; Birloque Gaiteiros
- locais: Cafetaría Perejil; Bar Vecino; Bar Ordenes; Bar O Meu Bar; Cafetaría Bendito Café
Sendo o barrio máis poboado e recibindo á veciñanza da contorna non ha faltar o principal ingrediente, como di a copla tradicional: aquí está a boa xente, aquí está a xente da festa!