Asociación Veciñal Agra | nota de prensa
Este xoves dúas pezas de teatro galego no noso barrio: Os Quinquilláns e o grupo de Teatro interxeraciona
Este xoves, 20 de outubro, ás 20 h. no auditorio do Centro Ágora convidamos unha dupla función teatral na nova edición do festival A fonética dos corpos, incluído no programa “Agra no Ágora”, en que colaboramos co Concello da Coruña, para achegarmos as artes escénicas ao noso barrio.
19 oct 2022
-
QUERCUS ROBUR
Participantes na actividade “Teatro interxeracional”, da asociación veciñal Agra, representan a peza Quercus robur.
- SINOPSE: tanto quercus como robur eran os nomes romanos dados aos carballos en xeral e á súa madeira; robur tamén facía alusión á fortaleza e perseverancia de ánimo. Que sucedería se tres individuos saen da súa carballeira para meterse nun competitivo bosque de asfalto?
- REPARTO: Javi Tink, Flor Del Pópolo e Pepe Rodríguez
- AUTORÍA: Flor Del Pópolo e Javi Tink
- ESCENOGRAFÍA: Rosalía Bello Cao
2. A SEÑORA DE FORCADELA
- SINOPSE: Josefa García Segret, muller represaliada, autora do texto autobiográfico Abajo las dictaduras, non pode resignarse ao esquecemento e trae a escena a súa memoria e o seu desexo de facer xustiza. Como ela mesma di, débello á súa vida destruída e a todas as persoas que loitaron pola liberdade.
- REFERENTE HISTÓRICO: Baseado na biografía de Josefa García Segret (Tui, 1900 – Oleiros, 1986), mestra que en 1936 estaba destinada na aldea de Forcadela, concello de Tui. Por militar nun partido democrático de esquerdas e non practicar a relixión católica sufriu todo tipo de represións; persecución, cárcere, abusos, pena de morte. Librou da condena grazas á implicación solidaria do médico e xornalista Darío Álvarez Blázquez. A partir do relato dos feitos de Josefa e Darío, Os Quinquilláns crearon A señora de Forcadela, un espéctáculo teatral didáctico promovido polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para o catálogo ‘O Pasado Por Vir’, para reivindicar a Memoria Histórica cunha perspectiva de xénero.
- TIPO DE PÚBLICO: A partir dos 12 anos e persoas adultas en xeral
- ELENCO: Lucho Penabade, Tero Rodríguez
- TÉCNICO LUZ E SON: Bandín Audio
- VESTIARIO: Beti Busto
- ESCENOGRAFÍA e ATREZZO: Os Quinquilláns
- ESPAZO SONORO: Orjais
- DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Os Quinquilláns
- A quen vai dirixido:Para público en xeral
Duración:
- · Quercus robur: 30 minutos
- · A señora de Forcadela: 50 minutos
Enderezo:
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña