Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Documental Acordamos

A asociación veciñal Oza-Gaiteira- Os Castros, o día 15 de xaneiro as 19 :30, no Forum Metropolitano, proxecta as documental:  Acordamos.

Entrada de balde ata completar aforo.

Documental Acordamos
Acordamos
Acordamos

Acordamos’, unha peza que mestura testemuñas de vítimas e persoas expertas e música para reivindicar a loita polas ideas de xustiza de principios do século XX e os avances no agrarismo, sindicalismo, economía, e educación que se deron naquel entón, así como para poñer en valor a resistencia ante o golpe do 36.

Acordamos é a segunda entrega da chamada ‘cartografía musical’ da memoria histórica da provincia, que nesta edición segue a percorrer lugares significativos. A peza foi gravada en Sobredo, Moaña, Lérez, a Illa de Arousa, Tomiño e Xiabre e reúne testemuñas de familiares e persoas investigadoras xunto á música de Uxía, Quilma e As Divinas, Malvela, Celina da Piedade e Ana Santos, Wöyza e María Faltri, Antía Muíño e Luis Pastor, Treixadura e Sondarúa.

A idea orixinal é do Departamento de Memoria provincial, a dirección artística correu da man de Uxía, Lucas Terceiro foi o responsable da dirección técnica e realización, Tito Ledesma do son en directo, Conchi Carro da produción e Carmen Conde do guión e condución.

Documental Acordamos