Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa
Documental Vidas invisibles
Vidas invisibles é o primer documental da Investigación Xornalística sobre o Sistema de Protección de Menores galego.
Trata de dar unha pincelada xeral sobre todas as partes que forman o círculo da protección á infancia: administracións públicas, familias biolóxicas, familias de acollida, nenos e nenas, profesionais, etc.
O autor é o comunicador audivisual, Emiliano Cossini Benchimol.
O Equipo de investigación está formado pola xornalista Isabel García; polos comunicadores audiovisuais Emiliano Cossini, Javier López Valeiro e Inés Díaz Tejedor. A fotografía é do fotógrafo Jonathan Rodríguez dá Silva.
O documental está editado pola Asociación Xornalística de Estudos e Comunicación (PEstudio-Xornalismo Social).
A entrada é libre ata completar aforo.
Tras a proxección do documental haberá un debate no que participa a xornalista Isabel García, familia de acollida en activo desde hai máis de 20 anos.