Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros lamenta que Naturgy comezase a desmontar a popular Medusa
O Pleno da Corporación aprobou en marzo do ano pasado unha moción presentada pola Marea Atlantica , como “peza referencial” da paisaxe urbana e do patrimonio industrial da Coruña, e comprometía ao goberno municipal de Inés Rey a “viabilizar” ante a Autoridade Portuaria (APAC) “un uso dotacional público de equipamento ao servizo da cidade”.
O noso colectivo fixo a proposta ser a instalación dun MUSEO DE ACTIVIDASES PESQUEIRAS, INDUSTRIAIS E COMERCIAIS PORTUARIAS.
O traslado da estrutura a outra ubicación, segundo a moción apoiada polo PSOE e o BNG –o PP abstívose–, só debía producirse en caso de estar “debidamente acreditada e xustificada en relación coa súa incompatibilidade coas necesidades de tráfico portuario e coas previsións ao respecto no plan estratéxico portuario ou nos outros plans e programas de actuación da APAC”..
Dende o noso colectivo queremos saber que xestiones se fixeron para manter a Medusa
Pedimos que os informes tecnicos para saber si é posible outra ubicación e darle un uso publico .A Asociación que dea explicacións ao goberno municipal sobre as xestións que o pleno lle encomendou .
A moción instaba ao goberno municipla a “concertar coa Autoridade Portuaria as negociacións e acordos precisos” para que a Medusa se convertese, preferiblemente no propio peirao no que se levantou, nun equipamento dotacional público.