Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Proposta aos grupos municipais dunha Moción Planta Hidrocarburos

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  vemos con moita preocupación como se pretende instalar unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza
Proposta aos grupos municipais dunha Moción Planta Hidrocarburos

A Coruña  7 de xaneiro de 2023.- Calquera pode entender que a ubicación dunha industria dese tipo debe ser estudada a conciencia e que un entorno tan fráxil como a contorna de Oza non é o máis apropiado.

Polo que propoñemos aos grupos municipais do Concello da Coruña elaboren unha  mocion sobre a construción dunha planta de hidrocarburos no peirao de Oza proposta pola Asociación veciñal Oza Gaiteira Os  Castros .

Na que solicitamos :

  • Amosar publicamente o rexeitamento á construción desta Planta de pre-tratamento de Aceites industriais e Hidrocarburos no Peirao de Oza da Coruña.
  • Apoiar ás entidades veciñais e organizacións que xa se teñen posicionado en contra da construción desta planta e xa teñen presentado alegacións ao proxecto.
  • Que o Goberno municipal se presente, diante dos procedementos administrativos correspondentes, como parte interesada, co obxecto de impedir a construción desta planta no peirao de Oza.
  • Instar á Xunta de Galiza a desestimar e rexeitar a construción dunha planta de recepción e pre-tratamento de residuos xerados por buques, no Concello da Coruña, promovido por Limpeza Marítima de Óleos, S.L.U. Limpoil (clave do proxecto 2015/0167).

 

Proposta aos grupos municipais dunha Moción Planta Hidrocarburos