Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa
Xa Abonda . Non a unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza
Vemos con fonda preocupación que, lonxe de dar pasos para mellorar a situación, volvemos a tempos pasados onde se negaba o problema.
Cáusanos enorme tristeza e preocupación que a a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Autoridade Portuaria da Coruña como toleran que se instale unha planta de tratamiento de residuos de buques no peirao de Oza dende o noso colectivo non consideramos idonio a ubicación de dita planta.
Dende o colectivo veciñal temos explicado en moitas ocasións que necesitamos tecido industrial, que cree emprego e riqueza para o barrio e toda a cidade, mais ten que facerse cumprindo a lexislación e tomando todas as medidas de protección medio ambiental para protexer os nosos espazos naturais e a nosa saúde, se o facemos así seguramente crearemos moitos máis postos de traballo.
A zona costeira de Oza e toda a Ría do Burgo poden ser un polo de creación de emprego e riqueza, con actividades de lecer, pesca e marisqueo pero para iso é imprescindible o seu saneamento e o control sobre as actividades potencialmente contaminantes.
Estamos de acordo en que os residuos xerados polos buques deben recollerse para o seu posterior tratamento, e debe facerse con todas as medidas de protección necesarias, dende a recollida, ate o transporte e a entrega a un centro de tratamento. É unha barbaridade pretender facer o tratamento na propia zona da contorna de Oza, a nosa loita pasa por sanear e revitalizar toda a Ría do Burgo e a súa contorna, non podemos seguir tratando a ría como un vertedoiro.Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros lamentamos profundamente á Autoridade Portuaria e Xunta toleren que se instalen este tipo de instalación no noso barrio.