Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Por que insistimos nun “non” á planta de tratamento de residuos de buques no Peirao de Oza

Despois das mocións levadas ao pleno do Concello da Coruña e das xestións ante os parlamentos galego e español e a pretensión de levalo ao Parlamento Europeo, a Asociación Veciñal Oza - Gaiteira - Castros, elevou un recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia:
Por que insistimos nun “non” á planta de tratamento de residuos de buques no Peirao de Oza
Planta residuos 01
Planta residuos


Estas son as alegacións:

  1. A localización das instalacións no porto da Coruña, na boca da Ría do Burgo, lindeira xa con áreas de uso público e explotacións marisqueiras, constitúe o principal eixe do proxecto e a motivación de dito recurso de alzada. As posibles verteduras de substancias perigosas afectarían á saúde humana e do ecosistema.
  2. Sobre as substancias obxecto de almacenaxe e pre-tratamento nas instalacións de Limpoil e ou seu proceso produtivo.
    As instalacións de Limpoil prevén recibir principalmente, pero non só, residuos líquidos de buques clasificados como perigosos.
    As previsións son someter a pretratamento ata 4000 toneladas de residuo por ano. Almacenaranse ata 188 m3 de residuos perigosos en tanques e outras 0,9 toneladas de residuos NON MARPOL en zona cuberta ata ou seu traslado a xestor autorizado. 
    Os efectos indesexábeis desta operativa podense producir por accidente ou mala práctica, o que podería dar lugar a episodios de verteduras ao mar. O propio Informe de Impacto Ambiental recoñece que o “risco cero” non existe.
  3. Sobre as posibles afeccións a outros usos que teñen lugar nesa área: baño, marisqueo, deportes náuticos, esparcemento.
    No caso das praias de Oza e Santa Cristina os efectos dunha eventual vertedura de residuos líquidos da devandita planta traería graves riscos de contaminación das praias. Os bancos marisqueiros da Ria do Burgo serían especialmente afeitados en casos de vertedura.
    Os bancos de mariscos que están situados na desembocadura da Ría do Burgo onde viven diversas especies, igualmente serían prexudicados pola localización da planta. 

A área tamén é usada para deportes náuticos, vela, pesca deportiva e piragüismo de crecente actividade de uso público, que chocarían cada vez máis coa planta de tratamento de residuos.
4- Sobre a acumulación de impactos na zona. Histórico e situación actualizadas.
Tanto o litoral de Oza como a fachada da Ría do Burgo, serían áreas castigadas por diversos episodios de degradación ambiental. 
Xa en relación coa actividade que nos ocupa de LIMPOIL, cabe citar os episodios de verteduras contaminantes á ría orixinados pola mala praxe da empresa.
5- Sobre as perspectivas de futuro
Desde o punto de vista económico e de tránsito marítimo a evolución apunta a que as actividades máis pesadas, contaminantes e molestas sexan trasladadas ao Porto Exterior Punta Langosteira e isto deixaría paso a procesos máis limpos e compatibles coa convivencia do porto e a cidade.

Por que insistimos nun “non” á planta de tratamento de residuos de buques no Peirao de Oza