Os Mallos
Mallosto: a festa na rúa do noso comercio dos Mallos
Pensábades que este ano vos iades a librar do noso Samaín?
Pois non!!
Os comercios dos Mallos estamos cociñando un caldeiro de sustos, doces e castañas, este será un outono que non vades esquecer .Este ano a festa vai ser dobremente arrepiante.
Ca celebración do MALLOSTO queremos artellar unha xornada festiva na que O COMERCIO e HOSTELERÍA do barrio queremos celebrar xunto a veciñanza .
Como dí un compañeiro, “trátase de devolverlle ao barrio todo o que nos dá” e non podemos estar máis dacordo... E de paso botar unha repichoca na nosa nova senda peonil (Ángel Senra e Ramón Cabanillas) e gozar das propostas da hostelería, aprender nos talleres que nos teñen preparados alguns comercios, postos, música, animación infantil...
Deixamos un resumo do programa e a anotade o 11 de NOVEMBRO en vermello festivo e non faltar a cita co teu Centro Comercial Aberto Distrito Mallos.
Damos as grazas a Guerrilla dos Mallos e aos veciñ@s que estades axudar, quéresevos!
MALLOSTO 2023 (FEIRA DE OUTONO DO COMERCIO DOS MALLOS)
FEIRA CON POSTOS DOS COMERCIOS DOS MALLOS
- Lugar: senda Peonil Ángel Senra e Ramón Cabanillas.
- Horario : de 11.00 a 19.00
TALLERES E EVENTOS DOS COMERCIOS
Obradoiro de coroas florais (La Petite Floral)
- De 11:00 a 13:00
- De 17:00 a 19:00
Obradoiro de crochet (Atrapasueños Mercería)
- De 11:00 a 13:00
Obradoiro de cerámica para nenos (Taller Víctor Ares)
- •¡De 12:00 a 14:00
Obradoiro de bodegón interactivos de Nadal (J.Cris Fotografía)
- De 11:00 a 13:00 De 17:00 a 19:00
ACTIVIDADES DE LECER
SESIÓN DE NARRACIÓN ORAL PARA CRIANZAS CON SONIA HERMIDA
- Lugar : Contorna Mercado Ramón Cabanillas (espazo de libre lectura patrocinado por Libraría Couceiro)
- Horario : 12:00
CONCURSO FLEEPAS
Xogo interáctivo de realidade aumentada
- Lugar: Praza de San Vicente
- Horario: de 11:00 a 18:30
CASTAÑEIRO “O CASTIÑEIRO”
- Lugar: Praza de San Vicente
- Horario: de 10:30 a 14:00
MALLOSTO INFANTIL*
Área de xogos populares e obradoiros da man de TótemGestión
- Lugar: Rúa Ramón Cabanillas
- Horario : de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:30
*Para acceder haberá que amosar un ticket de compra de calquerpequeno comercio do barrio dende o 31.10.2023 ata ese día.
ANIMACIÓN MUSICAL
SESIÓN DJ
- Lugar : Palco contorna Praza de San Vicente
- Horario : de 11:00 a 13:00
En horario de 17:00 a 19:30 SESION DJ INFANTIL
e realizarase o sorteo e entrega de premios do Samaín dos Mallos, non esquezas entregar o teu mapa no stand de Distrito Mallos e Guerrilla dos Mallos.
CONCERTO SESIÓN VERMÚ CO GRUPO MUSICAL“VERSIONETTES“
- Lugar: Palco contorna Praza de San Vicente
- Horario: de 13:00 a 15:00
CONCERTO E FESTA FIN DE FESTA CO GRUPOMUSICAL “PLAN DE FUGA”
- Lugar: Palco contorna Praza de San Vicente
- Horario: de 19:30 a 21:30
MALLOSTO DOS BARES
A nosa hostelería terá eventos especiais e degustacións.
- CAFÉ BAR MUNDO: Tapa de outono – Callos de 12:00 a15:00
- PARRILLADA LEMBRANZAS: Sesión Vermouth conmúsica en vivo, animación infantil e pinchos variados de12:00 a 15:00
- CAFETERÍA VANESSA: Tapa de Outono - Callos e tortillaata as 15:00
- CAFETERÍA TEYMA: Tapa de Outono
- EL DE MANOLÍN: Tapa de outono – Cocido de 12:00 a15:00
- LA FIRMA: Tapa de outono - Caldo de 12:00 a 15:00
- CAFÉ - BAR PALLAS: Tapa de outono de 12:00 a 15:00
- BAR LA PEATONAL: Tapa de outono
- BAR ZURICH: Evento de coctelería