A. V. de Eirís - Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC | nota de prensa
A Asociación Veciñal de Eirís ven de presentar alegacións ó estudo de avaliación ambiental que presentou recentemente a Xunta Galicia
Un monstruo de formigón o doble de grande que o actual, e rodeado de viáis en altura no alto dun monte.
Monstruo que levará por diante 28 vivendas, restos arqueolóxicos, a Lagoa do Parque de Eirís e parte do Propio parque, fontes, árbores,... que ameazarán o alto a quen mire dende boa parte da comarca, nomeadamente dende Santa Cristrina.
E todo enmascarado nun procedemento “SIMPLE” que acurta o proceso para evitar tr que cumplir coa lexislación vixente.
E finalmente aprobarán o contrario do anunciado: Nin humanizar nin dar accesibilidade, nin hospital novo.
Na proposta hai 2 imaxes significativas:
A de como vai quedar o CHUAC, e a de como vai quedar o vial que da cara a avenida da Pasaxe. Da a sensación de que non se atreveron a mostrar todo xunto, o monstruo de formigón no seu máximo esplendor
Cada día con máis razón, NOVO CHUAC SI, PERO NON ASÍ, NON AQUÍ !