Unidas Podemos | nota de prensa
O sábado 14 de maio pola mañá haberá unha consulta popular para que a cidadanía decida entre monarquía ou república
A furna da Coruña estará entre as 10:00h e as 14:00h no Obelisco, de acceso libre a toda a cidadanía.
13 de Maio de 2022. Tras máis de corenta anos de democracia baixo unha monarquía parlamentaria, chegan finalmente os tempos nos que as cidadás e cidadáns do país decidan, sen presións nen cortapisas, deben ter dereito a decidir qué forma de Estado desexan para o seu país.
É por iso que a Plataforma Consulta Popular Estatal porá furnas en todo o Estado español este próximo 14 de Maio baixo o lema “Ti Decides”, coa intención de preguntar, a todos aqueles que así o desexen, cal é a súa preferencia entre un sistema monárquico e un republicano. Na Coruña, entre as 10:00h e as 14:00h, colocarase unha destas furnas no Obelisco.
Esquerda Unida da Coruña e Podemos Coruña animan a todas e todos a participar activamente nesta Consulta Popular. Porque, en verbas de Carmen Armada, “os cidadáns do Estado español teñen dereito a decidir se a forma de Estado acordada hai corenta anos segue a ter vixencia e sentido en pleno século XXI ou non”. Isabel Faraldo, pola súa banda, expresa que “Isto é un xesto de cara a amosar a necesidade e oportunidade dun referéndum sobre este asunto no noso Estado”.
O pobo é quen máis ordena, e nun país democrático debe ser quen de escoller tanto aos seus representantes como ao Xefe de Estado.