Recollida de alimentos
"O Banco de Alimentos ten un 30% máis de solicitudes", Manel Méndez, presidente da Asociación Veciñal de Novo Mesoiro
A asociación veciñal de Novo Mesoiro organiza unha recollida de alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas este sábado día 12 de Decembro. Os voluntarios estarán pola mañá e pola tarde diante do centro Eroski.
Falamos co presidente da asociación, Manel Méndez, para coñecer máis en profundidade esta iniciativa.
Cómo xorde a iniciativa da recollida de alimentos?
Todos os anos en Novembro e Decenbro temos as actividades do magosto en samaín e, agora antes das vacacións de Nadal, a festa dos xogos lúdicos para os nenos. Ambas actividades as facemos ou no centro cívico ou no pavillón de deportes e intercambiamos as entradas por alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas. Xa levamos varios anos traballando con eles. Este ano non se puideron facer estas actividades, pola situación de pandemia as tivemos que suspender. Así que decidimos que xa que eles tampouco poideron facer a gran recollida física que fan todos os anos, facer unha recollida aquí en Novo Mesoiro.
É o persoal da asociación o que vai ocuparse da recollida?
Sí, imos establecer dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde. Os voluntarios da asociación van estar de 11:00 a 14:00 e de 17.00 a 20.00 diante do centro Eroski, na parada de bus da liña 21.
A emerxencia sanitaria leva da man á emerxencia social. Ten mais necesidade de alimentos o Banco agora, coa pandemia?
Este ano é moi distinto e moito peor que outros. O Banco de Alimentos ten un 30% máis de solicitudes que o ano pasado por estas fechas e pode verse en todas as clases de alimentos, sobre todo os de nenos e bebés. Nós imos procurar recoller todo o que a xente queira doar, sen facer discriminacións de nada.
Recolledes calqueira tipo de alimento. Cáles preferiblemente?
Non perecederos mellor: legumes, latas de conserva e calqueira que teña un consumo preferente máis amplio. Tamén para bebés e nenos pequenos.
A provincia de A Coruña está a ser moi solidaria este ano, o Banco de Alimentos Rías Altas informou que leva recaudado o equivalente a 440.00 kg de alimentos. Aínda podemos darlle un último impulso, colaborando cos veciños de Novo Mesoiro para que este Nadal ninguén quede sen Nadal.