Presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Francisco Jorquera: “O primeiro é mudar a decepción en ilusión"

Francisco Jorquera chama á participación e advirte que “a desmobilización beneficia a esa Triple Alianza que quere que retornemos a un pasado negro”.

Francisco Jorquera: “O primeiro é mudar a decepción en ilusión"
Foto Presentacion 1
Presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais

A Coruña, 2 de febreiro. - “É un equipo conformado por persoas capaces e solventes que será quen de devolver a ilusión á cidade nun cambio feito desde nós, enraizando coa mellor tradición da Coruña, esa longa tradición galeguista e progresista”, dixo esta mañá Francisco Jorquera, candidato á Alcaldía polo BNG durante a presentación do primeiro tramo da lista que encabeza (ás catorce primeiras candidatas e candidatos). “Aínda que somos moi optimistas, non escollemos este número que simboliza a maioría absoluta por iso, senón porque pretendemos subliñar a nosa intención de sermos a forza que lidere a política municipal”, sinalou Jorquera antes de remarcar “o perfil social” dunha lista integrada por persoas involucradas nos movementos sociais e activistas nos distintos foros de participación cívica que hai na cidade.

Francisco Jorquera rematou sinalando o reto que se marca o BNG neste período que se abriu hoxe e até ás eleccións municipais: “Animamos a toda a cidadanía a que participe e se involucre na definición do futuro desta cidade”, e advertiu que “a desmobilización beneficia a esa Triple Alianza que quere que retornemos a un pasado negro”. Por iso, o candidato nacionalista, insiste que o BNG ten como primeiro obxectivo “cambiar a frustración e a decepción provocada por 4 anos de actuación do goberno municipal, mudala pola ilusión dun proxecto verdadeiramente transformador que devolva á Coruña o impulso que necesita”. 

A LISTA

  1. Francisco Jorquera. 57 anos. Licenciado en Historia. Foi senador, deputado no Congreso e no Parlamento galego. Foi o candidato do BNG á Presidencia da Xunta en 2012. Preside a Fundación Galiza Sempre.
  2. Avia Veira. 32 anos. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa. Portavoz do BNG na Coruña desde 2015, é concelleira desde 2012 e militante nacionalista desde os 16 anos.
  3. Mercedes Queixas. 50 anos. Licenciada en Filoloxía Española. Profesora no ensino secundario. Secretaria xeral da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e membro do Consello Escolar Municipal.
  4. Patricia Cordo. 32 anos. Traballadora de telemárketing e membro do comité de empresa de Extel.
  5. David Soto. 29 anos. Profesor de Dereito Procesual na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Membro de Esculca. Fixo parte da candidatura en 2015.
  6. Isabel Risco. 44 anos. Actriz. Graduada en Pedagoxía Teatral. Premio Mestre Mateo 2014. Participou nas candidaturas do BNG nas Europeas de 2014 e nas Locais e Xerais de 2015.
  7. Alberte G. Nicolás. 25 anos. Fisioterapeuta, traballa nunha clínica na Coruña. Responsábel comarcal de Galiza Nova.
  8. María Seijo. 55 anos. Enfermeira no CHUAC. Portavoz da Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña. Membro de SOS Sanidade Pública. Participou da candidatura do BNG en 2015.
  9. Xosé Iglesias. 44 anos. Mariñeiro e poeta.
  10. Ricardo Vales. 66 anos. Xubilado do Laboratorio da Coruña do Instituto Oceanográfico. Portavoz da Comisión Aberta de Defensa do Común.
  11. Celia Armas. 44 anos. Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa. Profesora no ensino secundario. Activista pola lingua.
  12. Marisol Miras. 53 anos. Licenciada en Xeografía e Historia. Funcionaria na Universidade da Coruña. Fixo parte da candidatura en 2015.
  13. Yolanda Naya. 45 anos. Responsábel de xestión e márketing en I3D. Activista no movemento feminista. Participou da candidatura ás municipais en 2015. 
  14. Xulio Moskowich. 47 anos. Traballador de Alcoa e membro do comité de empresa na factoría da Coruña. Fixo parte da candidatura en 2015.

 

Francisco Jorquera: “O primeiro é mudar a decepción en ilusión"