BNG

Un Goberno Local liderado polo BNG promoverá o proxecto “Primavera Cultural” para darlle impulso á Coruña como “cidade creativa”

A iniciativa foi presentada por Avia Veira e Mercedes Queixas, número 2 e 3 da candidatura nacionalista, nun café informativo realizado na oficina do BNG no pazo de María Pita. “A Primavera Cultural” buscará facer da cultura o epicentro socializador e formador da cidadanía coruñesa, desde un rol participativo e implicando os sectores e axentes culturais da cidade.
Un Goberno Local liderado polo BNG promoverá o proxecto “Primavera Cultural” para darlle impulso á Coruña como “cidade creativa”
Café informativo Primavera Cultural
Café informativo Primavera Cultural

Este proxecto dará coherencia a distintas accións que se celebrarán arredor de datas simbólicas, como o Día do Cómic, Día da Narración Oral, Día da Poesía, Día Mundial do Teatro, Día das Letras Galegas, Día do Libro Infantil e Xuvenil, Día Mundial da Arte, Día do Libro, Día da Diversidade Cultural e Día dos Arquivos. Estamos ante unha suma de oportunidades para facer da cultura o epicentro socializador e formador da cidadanía coruñesa.

O proxecto terá como protagonista o “potente tecido creativo” da cidade, destacou Veira. A política cultural do BNG para A Coruña conta cunha marca propia: #ACoruñaCidadeCreativa. O objetivo é desenvolver todo o enorme potencial dunha cidade que ao longo da historia ten alcanzado a excelencia con figuras como Luís Seoane, Urbano Lugrís, Manuel Lourenzo, Manuel Álvarez Torneiro, Pilar Pallarés, Manuel Rivas ou Miguel Anxo Prado.

O BNG critica a ausencia absoluta de política cultural do Goberno de Inés Rey, por iso, un Goberno Local liderado polo BNG fará da cultura un eixo básico da súa acción. Un goberno local liderado polo BNG estará ao pé de cada infraestrutura cultural da nosa cidade, desde os arquivos até as bibliotecas, pasando polas librarías, os museos ou os recintos do IMCE.

A cultura non é froito merado do verán, é para nós o cordón umbilical que alimenta o proxecto político de cidade, transversal e transformador. Recuperar o pulso creativo da Coruña non é un soño, é un compromiso. Queremos devolverlle a ilusión ás creadoras, ás mediadoras, ás espectadoras, barrio a barrio, mes a mes, porque a cultura é para a xente da man das creadoras e os creadores.

Un Goberno Local liderado polo BNG promoverá o proxecto “Primavera Cultural” para darlle impulso á Coruña como “cidade creativa”