Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero | nota de prensa
Magosto en Labañou
Ás 18:30h haberá un passarúas desde o colexio CEIP de Practicas ata as pistas de Labañou, convidamos aos nenas e nenos do barrio que leven as súa cabezas para facer unha procesión por todo o barrio. Neste pasarrúas acompañaranos a Asociación Cultural Donaire e tamén seguirán animando o torreiro da festa á chegada á praza. Haberá castañas de balde nas pistas de Labañou.
Para rematar o magosto actuará o dúo Caamaño&Ameixeiras, recentes gañadoras do premio Martin Codax na modalidade Folk, que darán o primeiro concerto despois de obter este premio.
Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos.