Podemos | nota de prensa
Unidas Podemos A Coruña reuniuse co Comité de Empresa de Alú Ibérica
A concelleira de Podemos Coruña, Isabel Faraldo, a Coordinadora Local de Esquerda Unida Coruña, Carmen Armada, e Jose Burón, Secretario do Partido Comunista da Comarca de A Coruña, reuníronse co Comité de Empresa de Alú Ibérica para escoitar as demandas ante o ERTE presentado o pasado venres.
A Coruña, 28 de Outubro do 2021. O pasado Venres 22 de Outubro, o Administrador Xudicial presentou a proposta de ERTE para as plantas de A Coruña e Avilés. Na planta de Avilés xa se comenzou a negociación deste ERTE, a planta da Coruña ainda está a espera. “Como xa denunciamos reiterativamente, parte do Comité de Empresa está despedido, dentro dun contexto de represión sindical que denunciamos en Maio ante o Europarlamento” din dende Unidas Podemos A Coruña.
Dende o partido esixen unha readmisión inmediata das persoas despedidas e demandan unha solución industrial inmediata, a Coordinadora Local de Esquerda Unida Coruña, Carmen Armada, sinala: "Este conflicto solucionase con vontade política, de longas xuntanzas de negociación entre todas as administracións, dende a Xunta de Galicia ata o Goberno Central e as plantas para garantir un futuro industrial no noso país. É o momento da defensa da industria, da defensa das plantas e a defensa dos dereitos laborais e sindicais".
Por outra banda, a concelleira de Podemos no Concello de A Coruña, Isabel Faraldo comenta: " Esiximos unha intervención inmediata da SEPI durante o tempo que se estime necesario. Nós dende A Coruña, e o noso grupo parlamentario dende o Congreso apoiaremos esta medida que é necesaria".
Unidas Podemos e o Comité de Empresa entenden que a intervención non debe ser puntual, Jose Burón, Secretario do Partido Comunista da Comarca de A Coruña, comenta: "Entendemos que dentro dun sector estratéxico, como é a producción de aluminio, sempre debera haber unha parte pública nese tanto por cento do capital".
O mércores, 27 de Outubro, o Secretario Xeral de Galicia en Común e diputado, Antón Gómez Reino, envioulle unha carta á Ministra de Industria, Reyes Maroto, pendindo de urxencia a convocatoria da mesa industrial de seguemento para dar viabilidade a planta de Alú Ibérica, tanto na Coruña, como en Avilés.