Proxecto Artabria 2030
Miguel Lorenzo aposta polo Proxecto Artabria 2030 para liderar o progreso da maior área económica de Galicia
25 de abril de 2023. Lorenzo sinala que este liderado ten que contemplar o PROXECTO ARTABRIA 2030, que comprende 43 concellos no triángulo formado por Ferrol – A Coruña – Carballo e 500.000 habitantes, con dous portos exteriores que necesitan estar conectados por tren e que teñen infraestruturas pendentes dende hai 8 anos que hai que facer realidade o antes posible como remodelación de Alfonso Molina, Vial 18, Cuarta Ronda, ampliación do ponte do Pasaxe, Estación Intermodal, conexión ferroviaria moderna entre A Coruña e Ferrol ou tren de cercanías.
Cos gobernantes actuais levamos 8 anos de espera e veñen a dicir que polo menos temos que esperar outros 8 anos para poder utilizar algunha destas infraestruturas. "Co PP nos gobernos de A Coruña, Ferrol, Xunta e Estado, traballaremos sen descanso para saldar a débeda histórica das infraestruturas pendentes coa maior área económica de Galicia", destacou.
O desenvolvemento das infraestruturas xera un importante progreso económico no ámbito local, unha mellora tanto na produtividade, como nos tempos de desprazamento, na eficiencia dos sistemas de transporte de mercadorías e na mobilidade das persoas.
"Na nosa cidade tamén é vital fortalecer todas as pezas do puzzle que garante o progreso económico e o emprego: o noso comercio local, a hostalería, os nosos mercados, o puxante sector das novas tecnoloxías, o noso sector pesqueiro e a nosa querida Lonxa, o noso porto, o noso aeroporto de Alvedro, o turismo, a cultura ou os deportes", sinala o candidato Popular.