eleccións municipais
A ministra Ione Belarra apoia a candidatura de Por Coruña
O seu departamento sacou adiante propostas como a nova Lei de Familias, a normativa estatal de protección animal e accións contra a humillación de persoas con diversidade funcional.
A candidatura de unidade continúa a sumar adhesións de referentes do eido estatal, galego e local.
09 may 2023
A Coruña. 9 de maio de 2023. A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, acaba de anunciar o seu apoio á candidatura de Por Coruña encabezada por José Manuel Sande e conformada por Podemos, Esquerda Unida, Alianza Verde e unha cuarta pata de persoas independentes. A coalición de unidade sinala o traballo de Belarra dende o seu departamento ministerial, onde traballou en propostas que axudan ás familias, como a Lei sectorial, que incluirá un novo permiso remunerado de oito semanas para pais e nais de fillos de ata oito anos, a Lei de Protección Animal, pioneira en toda España e primeiro texto das súas características, e accións para prohibir a humillación e ridiculización de persoas con diversidade funcional en espectáculos. O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, baixo a dirección de Ione Belarra, converteuse nun pilar da defensa da cidadanía, propondo tamén medidas como limitar o aumento das hipotecas variables, o que podería axudar a varias familias coruñesas, unha cesta da compra con prezos taxados para combater a inflación ou agora unha cadea pública de supermercados. A candidatura Por Coruña, liderada por José Manuel Sande, continúa a recibir o apoio de destacados referentes do eido estatal, galego e local.