Urbanismo
A Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC retomou a súa actividade
Esta semán a Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC retomou a súa actividade, en pausa polos novos nomeamentos na Xunta.
Avaliamos a información que recolle a prensa sobre as negociacións para a ampliación do CHUAC, que nos afectan directamente, xa que é a nosa única fonte de información, como o foi dende o comezo.
Comezamos pedindo novamente xuntanzas:
Coa Alcaldesa da Coruña, para manifestar o noso apoio na súa defensa de que a ampliación do hospital debe ser abríndoo cara o Parque de Eirís, e non sobre as vivendas, como propuxo dende un principio.
Co novo Conselleiro de Sanidade e co novo responsable do SERGAS, para coñecer de primeira man cal é o seu proxecto para a ampliación do CHUAC, darlles a coñecer as nosas peticións, e facerlles chegar as nosas inquedanzas en que non se teña feito unha fonda reflexión para adaptar unha inversión de 400 millóns de euros á nova realidade do Covid-19, sen reforzar a Atención Primaria e acumulando nuns poucos metros no alto dunha rocha todas as instalacións hospitalarias para os 28 concellos da Área Sanitaria da Coruña, con cerca de 550.000 habitantes.
Co Presidente da Deputación da Coruña, recentemente implicado a traves dos medios de comunicación, para darlle a coñecer a problemática que vimos denunciando e as nosas propostas.
Seguiremos reclamando que se nos facilite como dí a Lei, a documentación pública que solicitamos hai meses e que a Xunta de Galicia oculta: “Plan Funcional e de espazos”.
Reclamaremos claridade sobre as vías de saída e entrada, xa que segundo a prensa, a Xunta manten a proposta de 3 viáis atravesando Eirís con milleiros de coches sen ningunha saída, o que podería levar a expropiar unhas 50 vivendas máis para ampliar os viáis existentes.