ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS “UXÍO CARRÉ” | NOTA DE PRENSA

A Plataforma de afectadas polo anuncio da ampliación do CHUAC reunirase esta semana coas candidaturas á Presidencia da Xunta de Galicia que defenden unha sanidade pública

Estamos en plena campaña electoral, e entre todas as galegas e galegos imos decidir quen gobernará a Xunta de Galicia durante 4 anos.

A Plataforma de afectadas polo anuncio da ampliación do CHUAC reunirase esta semana coas candidaturas á Presidencia da Xunta de Galicia que defenden unha sanidade pública
AV Eirís Uxío Carré
AV Eirís Uxío Carré

Por iso, e tras reunirnos recentemente coa Alcaldesa da Coruña, e de fracasar no intento por varios medios reunirnos tamén co Xerente do CHUAC, ou a Consellería de Sanidade ou a Xunta, iniciamos unha rolda de xuntanzas coas candidaturas á presidencia da Xunta que defenden a Sanidade Pública, para coñecer o seu posicionamento sobre as nosas peticións:

  • A transparencia en todo o proceso do chamado “Novo CHUAC”, dende o que se pretende facer, os prazos, e a elección da localización, no alto dunha rocha, con grandes desniveis e sen espacio apenas e mal comunicado, e co risco que é para pacentes e profesionáis reformar un Hospital Vello mentras se traballa nel. “Novo CHUAC que ademais non será “Novo” como si o son os de Lugo,e Vigo, senón un “Vello CHUAC” de 47 anos no que se enterrarán 400.000.000€ . Intervencións tan importantes deben facerse contando con profesionáis, usuarias e afectadas, e coa poboación, non dende os despachos senón no terreo.
  • O cese da confusión intencionada da Xunta por anunciar como avance do “Novo Chuac” a execución da fase 3.1 do Plan Director do CHUAC de hai 16 anos como se fose unha inversión nova, como fixeron recentemente e polo que interviu a Xunta Electoral.
  • A necesidade de que se avalíen as novas necesidades en sanidade tras o vivido recentemente co Covid-19 e en prevención do que se ven enriba cos rebrotes que se pretenden ocultar,para que o Hospital que se faga dure 50 anos, e non enterrar 400 millóns nun proxecto que xa está caduco antes de comezar.
  • Re-avaliar esa idea de concentrar no CHUAC as consultas de especialistas e hospitalización de 500.000 habitantes en tempos de distanciamento social. E de facer atravesar á poboación coruñesa toda a cidade ata Eirís para facer, por exemplo, unha simple radiografía, con toda a contaminación e problemas
  • de mobilidade que isto vai xerar. Venden que ampiarán as camas de hospitalización pero restando as que se destrúen só amplian 35.
  • Garantías de que o que se faga será de xestión pública, e que non se usará para seguir derivando á sanidade privada os presupostos da sanidade pública.
  • Compromiso de reforzar os Centros de Saúde Primaria, PACS e Centros de especialidades, e de dotalos do persoal necesario e en condicións dignas e xustas, como a tódolos centros sanitarios.
  • Compromiso de buscar outra ubicación para o INIBIC, (Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña) que está no Materno e pretenden movelo ó alto do Parque de Eirís, e que ben podería estar preto do Sanatorio de Oza, e da Escola de Enfermeiría, onde estaba xa previsto.

Queremos que se comprometan, como xa fixo o Concello da Coruña, e ó que se nega a actual xunta de Galicia, de que de ampliar o CHUAC se faga cara o Parque de Eirís, no espazo que agora ocupa un parking privado que apenas se usa e a piques de rematar a concesión. Deste xeito o novo edificio tería luz e vistas por tódolos flancos, en vez de facer outro bunker como pretende a Xunta, onde nin os servizos de extinción de incendios poden acceder entre edificios, que ata os camións do lixo teñen que problemas, e onde as únicas vistas son ás habitacións doutras doentes. Ademais así o CHUAC conectaría directamente co Parque de Eirís, humanizándoo. E, obviamente, evitando así o derrubo de 27 vivendas para facer un parque de formigón ó estilo da Mariña no centro da Coruña, tal e como anunciou Feijoó.

Compromiso de dar saída e entrada ó CHUAC pola Avenida da Pasaxe, mellorando ese acceso que levamos usando 57 anos (que en realidade é a rampa de obra), dirixindo o tráfico cara o Tunel de Eirís e o Tunel dos Castros e á Pasaxe, e non arrasando medio cento de vivendas facendo 3 viáis polo medio de Eirís para meter todo o tráfico que agora soportan CHUAC, Ventorrillo, Materno e Oncolóxico na Estrada de Eirís, que xa de por si está colapsada polas mañás, mediodías e tardes.

Consideramos que a poboación coruñesa ten dereito a coñecer as propostas que hai para unha inversión tan importante na cidade, e máis tal e como está a Sanidade Pública na cidade e na comarca da Coruña.

Comezaremos estas xuntanzas hoxe con María Chao, número 2 da candidatura da Marea Galeguista pola provincia da Coruña.

Será ás 17:30 nas gradas do Campo de Fútbol de Eirís, no Parque.

Despois farase con ela un paseo ata o CHUAC e á zona afectada.

A Plataforma de afectadas polo anuncio da ampliación do CHUAC reunirase esta semana coas candidaturas á Presidencia da Xunta de Galicia que defenden unha sanidade pública