Podemos | nota de prensa
Podemos A Coruña insta ao Concello a cumprir cos acordos acadados e publicados oficialmente no BOP
A concelleira de Podemos A Coruña, Isabel Faraldo, presentará un rogo no próximo pleno de Xullo, pedindo ao Concello de A Coruña que se cumpran os acordos publicados no BOP.
O acordo marco negociado afecta non só a policia local da cidade senon tamén a todo o persoal municipal e establece, entre outras medidas, a carreira profesional que xa teñen concellos como Santiago, Pontedeume, Narón…
Por outra parte, é unha evidencia, recoñecida incluso polas concellerías con competencias neste asunto, que o colectivo da policia local ten unhas mermas importantes, tanto en recursos humanos como materiais, que dificultan seriamente o seu traballo.
A traves do rogo presentado, esiximos ao goberno de Inés Rey que ratifique ou rectifique. E ambas cousas pasan por sentarse con vontade política a negociar.