Podemos | nota de prensa
Podemos impulsará a asignación de nomes na rúas do barrio de Palvea
A Coruña, 23 de febreiro de 2023. A moción solicita a reactivación do traballo elaborado por expertos historiadores da cidade en colaboración coa veciñanza do barrio para dar nome as rúas do barrio, baseado nun estudo rigoroso documental, histórico e memorístico.
Unha proposta feita para acadar unha nomenclatura relacionada co entorno e con arraigamento no mesmo. O obxectivo do proxecto presentado é recuperar a toponimia tradicional, gracias a diversas fontes de documentación histórica, cartográfica e hemerográfica, e facéndose eco da memoria popular coa aportación da veciñanza. A intención da proposta é, ademáis de darlle solución á falta de nomes nas rúas, evitar que estes acaben en denominacións alleas ao entorno e o risco de que a súa elección teña unha total desvinculación co espazo como se deu noutros barrios, erosionando a memoria e identidade do lugar.
A proposta segue a mesma metodoloxía e traballo que a aprobada para o barrio de Xuxán que, ademáis tiña como guía principal ao mesmo experto coruñés en toponimia.
“Na actualidade –lembra a concelleira- a falta de nomes nas rúas ocasiona habituais problemas na entrega de envíos tanto local, nacional como internacional, é que no barrio teñan que axudar a persoas perdidas que non atopan o destiño, como o correo habitual solventado pola pericia dos carteiros habituais”.
Polo tanto instan desde Podemos ao goberno local a que acelere os trámites necesarios para impulsar a asignación de nomes nas rúas do barrio de Palavea.