Letras 2017

A semana das Letras non rematou: actvidades xoves, venres e sábado nas librarías

Palestra sobre o galego na banda deseñada este sábado en Alita Cómics (tenda do Orzán).

A semana das Letras non rematou: actvidades xoves, venres e sábado nas librarías
Rapaza lendo nun parque
Rapaza lendo nun parque.

As actividades programadas por días, horas e lugares que restan por celebrarse son as seguintes:

Xoves, 18

11.30 horas. Lectura de textos de Carlos Casares polo alumnado do CEIP Concepción Arenal, na praza José González Dopeso.

18.00. Presentación do Obradoiro Unha paseata submariña pola cidade do Orzán. Na libraría Sisargas, rúa San Roque.

19.00. Concerto Clarinet Winds. Na libraría Couceiro. Ronda de Outeiro, 125.

19.30. Charla sobre literatura e ciencia, por Estíbaliz Espinosa. Na libraría Berbiriana. Rúa Santiago, 7.

19.30. Monólogo, Profundizando na Galiza profunda, na Moito Conto, San Andrés, 35.

19.45. Presentacións de Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética e programa cultural de Valentín Paz Andrade, por Carlos Callón; e A Alquitara, por Sechu Sende. Na libraría Formatos.

20.00. Obradoiro sobre a historia da literatura fantástica. A cargo de González Ahola, de Urco Editora. E exposición sobre o mesmo tema na Asociación Veciñal Agra.

Brandariz na Suévia o 19

Venres, 19

18.00. Obradoiro II:  A creación dunha personaxe. Na libraría Sisargas.

18.00. Contacontos, A galiña azul, na libraría Lume. Fernando Macías, 3.

18.30. Contacontos, Paxariños, por Trinke trinke. Na Couceiro.

19.00. Palestra, O cinema na Galiza, por Antón Brea. Na libraría Fiandón.

19.00. Roteiro literario con Xabier Docampo, Pedro Casteleiro, Mar Guerra, Carlos López e Martin Pawley. Punto de encontro na libraría Azeta.

19.30. Lectura dramatizada e recitado, Un polbo xigante e Amemos, ambas obras de Carlos Casares. Na Moito Conto

20.00. Monólogo, Profundizando na Galiza profunda, na Livraria Suévia, rúa Vila de Negreira, 32.

20.00. Charla do íntimo ao poético. Na libraría Berbiriana.

20.30. Concerto de Silvia Penide. Na libraría Cascanueces, Cordonería, 10.

21.00. Concerto Ponxa intenso. Na libraría Fiandón.

O galego na Banda deseñada

Sábado, 20

12.00. Actuación O contos de Pablisimo, na libraría Lume.

12.00. Contacontos, Ratos de Lonxedetodo, por Trinke trinke; e charla infantil sobre Carlos Casares por Chus Otero.

12.00. Contacontos, Os contos de Toribio, na Livraria Suévia.

12.00. Concerto Clarinet Winds. Na libraría Couceiro.

12.00. Obradoiro III: Unha historia para as nosas personaxes. Na libraría Sisargas.

12.30. Contacontos As cousas que importan, por El primo Ramón. Na libraría Cascanueces.

13.30. Concerto de Félix Arias musicando textos de Casares. Na libraría Berbiriana.

17.30. Obradoiro Bailar canda os tempos, por Carmen Campo e Chus Caramés. Na libraría Fiandón.

20.00. Charla, Pasado, presente e futuro do galego na Banda Deseñada”, por Xulio Carballo. En Alita Cómics, na rúa Orzán, 94.

21.00. Concerto de Nao, Zenzar e Os tres trebóns. Na sala O Túnel, Francisco Pérez Carballo, 2.

Martes, 23

10.30. Entrega de premios do Concurso de microrrelatos do Grupo DADO. Un paseo pola música negra, por Iria Mejuto.


 

A semana das Letras non rematou: actvidades xoves, venres e sábado nas librarías