Saúde

Sande compromete un maior apoio para atención de persoas con enfermidades mentais

José Manuel Sande, o candidato de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde á alcaldía da Coruña, visitou hoxe a Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) para reclamar un maior apoio institucional para unha labor de atención psicosocial, laboral e residencial para aproximadamente un cento de veciñas e veciños da Coruña que sofren enfermidades mentais.
Sande compromete un maior apoio para atención de persoas con enfermidades mentais
APEM port
En APEM

APEM atende a diario ata 80 persoas nas súas instalacións, pero a entidade percibe unha cantidade insuficiente do Concello para cubrir as necesidades das persoas que alí acoden. Sande reivindicou a necesidade de revisar o convenio para que se adapte ás necesidades reais da entidade.

Ademais, Sande tamén se comprometeu a traballar na revisión do estudo dun centro residencial para as persoas con enfermidades mentais. Unha demanda de prazas que podería cubrirse no antigo edificio que empregou Padre Rubinos e que agarda un empurrón por parte das administracións e posibles doantes privados.

APEM lembra a necesidade de mellorar a atención en Saúde Mental, o que implicaría modificar a normativa para que as persoas maiores de 65 anos poidan seguir nestes recursos e non deban deixalos para acudir a centros “normalizados” para a terceira idade, onde non existe atención específica. Sande recolleu esta reivindicación e fixo un chamado á Xunta de Galicia para que se implique nesta causa.

En definitiva, a visita de Sande á APEM evidencia a súa preocupación e compromiso para atender as necesidades das persoas con enfermidades mentais e garantir o seu benestar e integración social.

Sande compromete un maior apoio para atención de persoas con enfermidades mentais