Participación Cidadá

Sande comprométese a abrir as portas do Concello á veciñanza con máis políticas participativas

José Manuel Sande, candidato de Por Coruña, conformada por Podemos, EU e Alianza Verde, acaba de reunirse coa Federación de Asociación de Veciños da cidade para por en común as propostas en materia de participación cidadá, mobilidade e vivenda.
Sande comprométese a abrir as portas do Concello á veciñanza con máis políticas participativas
Sande_FAAVV
Sande_FAAVV

Sande subliña a necesidade de que a veciñanza se sinta partícipe das decisións importantes: Porto, Urbanismo, mobilidade... Para iso, as políticas de participación directa serán eixo fundamental de Por Coruña.

Sande refire as actuacións do actual Goberno local que non pisa a rúa nen se relaciona cos colectivos veciñais, fronte as actuacións como o Foro Tecendo Litoral e Tribuna Pública. As actuacións de escoita da veciñanza pasaron prácticamente inadvertidas no actual mandato.

No seu encontro coa presidenta da F.AAVV, Luisa Varela, Sande tamén xurdiu a necesidade de elaborar un mapa de rutas e frecuencias sobre o autobús municipal, para adaptar estes movementos ao funcionamento xeral da Coruña. Sande advertiu que todavía hai barrios sen conexións axeitadas, como o caso de Novo Mesoiro e mesmo varios que non teñen nin a primeira estación de bicicoruña.

Por último abordáronse materias como o compromiso do vindeiro Concello da Coruña coas campañas de sensibilización en materias diversas, dende o uso de vehículos de mobilidade persoal e as boas prácticas, ata as futuras peonalizacións que se poden abordar no próximo mandato. Así pois, Por Coruña defende unha política centrada na veciñanza, na participación cidadá e na súa implicación nas decisións importantes.

Sande comprométese a abrir as portas do Concello á veciñanza con máis políticas participativas