eleccións municipais
Sande creará o Bono Antiinflación para axudar ás familias coruñesas coa cesta da compra
Este bono, que pretende axudar ás familias coruñesas coa cesta da compra, trátase dunha tarxeta moedeiro que permitirá mercar no pequeno comercio e tendas de alimentación de barrio, e estará vencellada á renda familiar.
Con esta medida, Sande busca ofrecer un apoio económico directo para combater a alza dos prezos dos alimentos, que nos últimos meses tivo un importante impacto nas economías familiares. A iniciativa busca mobilizar recursos do Concello para facer posible a creación deste Bono Antiinflación, que pretende axudar tamén ao comercio local.
O compromiso de Sande coa veciñanza e coa creación dun Goberno local que non deixe a ninguén atrás vese reflectido nesta proposta. A tarxeta moedeiro irá vencellada á renda familiar e permitirá adquirir alimentos no comercio de proximidade e tendas especializadas dos barrios, o que axudará ás familias a aforrar e a mercar produtos de calidade.