Laboral

Sande reclama solucións para os extraballadores de Alu Ibérica

A candidatura de unidade formada por Podemos e Esquerda Unida na Coruña, liderada por José Manuel Sande, vén de reclamar ás administracións competentes a máxima dilixencia para buscar solucións para os extraballadores de Aluibérica, que levan case un ano sen cobrar o seu finiquito.
Sande reclama solucións para os extraballadores de Alu Ibérica
Sande
Sande

Esta situación ten provocado graves consecuencias económicas e sociais para as familias afectadas, polo que Sande subliña a necesidade de actuar con rigor para resolver este contexto que se veñen denunciando dende fai varios meses.

A progresiva perda de capital industrial na cidade é unha realidade que está a impactar de forma importante e a falta dun plan sólido para a fábrica coruñesa non fai máis que agravar a situación. Por iso, a representación das traballadoras e traballadores veñen mostrando a súa crítica co papel que están a desenvolver as administracións autonómica e o Ministerio de Industria.

Ante as últimas informacións que falan dunha posible venda das instalacións, a candidatura de unidade insiste na necesidade de que a situación dos extraballadores non se vexa prexudicada e que se garantan o cumprimento de todos os compromisos e acordos.

En definitiva, José Manuel Sande pide o máximo esforzo ás administracións competentes para que actúen con dilixencia e solucionen os problemas dos extraballadores de Aluibérica, amosando así o seu apoio ás reivindicacións socioeconómicas da plantilla.

Sande reclama solucións para os extraballadores de Alu Ibérica