Este venres a Unidade cumpre 50 anos, sendo unha das máis lonxevas do país
UTACA Coruña: medio século de existencia, dez mil historias de vida
A Coruña, 22 de xuño de 2020.- UTACA, a Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Adictivas da Coruña, a máis lonxeva de Galicia e unha das pioneiras de España, está a piques de cumprir o medio século de vida. O próximo venres, día 26 de xuño, fará exactamente cinco décadas que un grupo de persoas, impulsados polos psiquiatras Francisco Alonso Fernández e Adolfo Bobadilla Pardos, decideu unir as súas forzas contra a adicción ao alcol. Nese tempo o seu facer resúmese botando unha ollada ao seu arquivo. Alí gárdanse 10.000 expedientes que son outras tantas historias de vida. En realidade moitísimas máis, pois cada adicción superada fai renacer non soamente á persoa adicta senon a todo o seu entorno familiar e social.
Neste tempo, UTACA evolucionou coa sociedade e foi incorporando programas para as novas adiccións calificadas como “legais” e “sin sustanza” que o progreso trouxo consigo. Ao longo destas cinco décadas, a unidade de tratamento do alcolismo foi incorporando terapias para combater a ludopatía, o tabaquismo e outras condutas como a adicción a internet, ás compras ou ao sexo.
Uns poucos datos
A memoria de actividade do último exercicio, o ano 2019, recolle que se realizaron na sede de UTACA 1.436 intervencións en terapia grupal e que os seus profesionais atenderon a 797 persoas en terapias individuais. Ao longo do 2019 realizáronse en total 1.272 primeiras consultas e 6.473 consultas sucesivas. O 84% das mesmas tiveron que ver co consumo de alcol, o 6% coa ludopatía, o 5% foron por tabaco e o 5% restante por adiccións ao sexo, ás compras e a internet.
A actividade da Unidad é intensa. O seu persoal técnico encárgase de facer acompañamento ao proceso terapéutico en sí mesmo, traballando na inclusión social plena, na participación comunitaria, na loita contra a pobreza e na igualdade de oportunidades. Para iso, ademáis de atender á poboación xeral contan con programas especializados na atención á poboación reclusa, ex reclusa e en suspensión de condena e acollen a persoas condenadas para a realización de tarefas en beneficio da comunidade. Asimesmo, fomentan a adherencia ao tratamento e mesmo traballan no apoio e formación da contorna familiar das persoas adictas.
Superar a adicción non é suficiente. A integración social, segundo defende o equipo técnico de UTACA na actualidade, require outros moitos apoios. Por iso teñen anualmente un amplo programa de obradoiros encamiñados a acadala: educación para a saúde, igualdade de xénero, cociña, habilidades sociais, informática e alfabetización dixital, memoria, búsqueda de emprego, teatro, competencias clave…
En 2019 a Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Adictivas da Coruña acolleu a oito profesionais en prácticas e contou ademaisco apoio de vinte persoas voluntarias. Os seus especialistas, asemade, impartiron formación sobre alcol e adiccións legais, ou sobre prevención de condutas adictivas, en distintos foros formativos: na Universidade de Santiago de Compostela (ao alumnado do último curso de Mediciña), na UNED, ou mesmo no Programa de Formación Continua para Profesionais do Servizo de Psiquiatría e Saúde Mental da Coruña. Asemade, participan na Mesa de Coordinación de Persoas Sen Fogar e no Consello Local de Inclusión Social do Concello de Coruña xunto a outras organización vinculadas á atención dos máis desfavorecidos e vulnerables.
Na actualidade, a Unidade está presidida por Ignacio Bedoya Batres, ao fronte da xerencia de UTACA de maneira altruista, e integrada por cinco especialistas: a médico experta en adiccións Inés Queijeiro Presa, os psicólogos clínicos Niceto González Valerio e Manuel Arturo Lage Muiños, a traballadora social Marisa Pardal Campaña e a orientadora laboral Irene Alonso Pintos. A eles prestan apoio en labores administrativas Pilar López Miguel e Pedro Luis Miguel López e suman o seu tempo e esforzo vinte voluntarios para que as persoas adictas que acoden ao centro, e a súa contorna familiar, alcancen unha vida de calidade.
Os protagonistas nos inicios
Foi o 26 de xuño de 1970 cando se reuniron no dispensario antialcólico, ubicado na Xefatura Provincial de Sanidade da Coruña, os psiquiatras Francisco Alonso Fernández e Adolfo Bobadilla Pardo, con Logita Ponte Piñeiro e María del Carmen Framiñán Rey -traballadoras sociais- e a enfermeira María del Rosario San Martín Márquez. Xunto a eles, os ex alcólicos Luis Miguel Morás (que sería o primeiro presidente da Asociación y a dirixiría ata o seu falecemento), Antonio Fernández, Luis Rodríguez, Oswaldo Regueiro, José Lesta, Fernando Sánchez, Pedro Suárez e Marcelino Castro. Dese encontro saíu conformada a Asociación de Ex Alcólicos da Coruña para dar resposta á ausencia de dispositivos públicos específicos adicados á prevención, asistencia, rehabilitación e reinserción das persoas con problemas derivados do consumo de alcol. O seu obxectivo foi dobre, consolidar e reforzar a curación dos adictos e que estes traballasen como colaboradores do propio dispensario no tratamento doutros enfermos.
Ao longo destes cincuenta anos, a carteira de servicios de UTACA foise ampliando para dar cobertura aos novos cadros clínicos derivados do tabaquismo, ou de outras adiccións sen sustancia. No 2016 a Unidade adoptou un novo modelo de organización e xestión. É entón cando se inicia o desenvolvemento da área social da organización que complementa a intervención clínica-terapéutica desde unha perspectiva máis ampla, a socio-sanitaria.
Integrada funcionalmente na rede asistencial do Servicio Galego de Saúde, a actividade de UTACA é universal e gratuita grazas a un convenio anual co citado servicio. O funcionamento de UTACA é posible tamén pola financiación dos seus programas por parte da Consellería de Economía e Emprego da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña, o Concello da cidade, e doutros apoios brindados pola Fundación Barrié, a Obra Social da Fundación La Caixa, o Banco Sabadell, Caixa Bank ou a Fundación María Francisca de Roviralta. Igual de importantes son os 168 socios e socias que apoian económicamente o día a día da Unidade.