Eleccións municipais | Marea Atlántica

Xulio Ferreiro presenta hoxe o programa de goberno da Marea Atlántica para o vindeiro mandato

Será nun acto ás 19.30 horas no Paraninfo da Universidade da Coruña, nun acto aberto a toda a veciñanza

Xulio Ferreiro presenta hoxe o programa de goberno da Marea Atlántica para o vindeiro mandato
acto3maio_banner_1x1
Presentación do programa da Marea Atlántica

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña e candidato á reelección pola Marea Atlántica , presentará hoxe o seu programa de goberno 2019-2023, co que aspira a manter a cidade no rumbo de progreso que comezou hai xa catro anos. Será ás 19.30 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña (rúa Maestranza, 9), nun acto de acceso libre para toda a veciñanza.

En palabras do alcalde, este novo programa de goberno amosa “un proxecto de cidade, serio e ambicioso, que manterá á Coruña na vangarda de Galicia e que será posible grazas a un proxecto político como a Marea Atlántica, que pon ás persoas por diante”.

Xulio Ferreiro presenta hoxe o programa de goberno da Marea Atlántica para o vindeiro mandato