#CuacResiste

O Supremo tumba o recurso da Xunta contra Cuac FM

O Tribunal Supremo inadmite a trámite o recurso da Xunta de Galicia contra a Sentenza do TSXG que recoñece o dereito de emisión á Cuac FM na frecuencia modulada.

O Supremo tumba o recurso da Xunta contra Cuac FM
casación-cutre-rojo-01-1
Cartel contra el recurso de casación

A Coruña, 4 de xuño de 2019.- 

 Onte notificouse a Cuac FM a Providencia da Sala Primeira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo que resolve o recurso 1796/2019 interposto pola Xunta de Galicia contra a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictada no procedemento especial de protección  de dereitos fundamentais 4166/2018.

Dita sentenza do TSXG recoñecía a Cuac FM o dereito a emitir en frecuencia modulada baixo unha garantía  temporal de emisión, e deixaba sen efecto o expediente sancionador que a Xunta lle abrira tras unha interpretación restrictiva, e errónea da Ley 7/2010 General de Comunicación Audiovisual.

Na Providencia recibida onte, asinada por 6 maxistrados, o Tribunal Supremo inadmite a trámite o recurso da Xunta de Galicia, ao tempo que  lle impón o pago de costas procesuais ate un máximo de 1000€, de xeito que a sentenza recorrida xa é firme.

Dende Cuac FM manifestamos a nosa satisfacción pola decisión do Tribunal Supremo, que deixa de manifesto que Cuac FM tiña razón cando reivindicou, pola vía xurisdiccional, o dereito a comunicar da cidadanía da Coruña a través de servizos de comunicación audiovisual comunitarios sen ánimo de lucro.

Cuac FM lamenta o malgasto de recursos públicos na persecución dunha iniciativa de comunicación cidadá, e en contra dunha interpretación expansiva dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas.

Consideramos que o esforzo material e humano empregados en loitar contra Cuac FM era digno de mellor causa, e estimamos que compre unha reflexión ao respecto.

O SUPREMO RATIFICA A SENTENZA DO TSXG

A firmeza desta sentenza pon de relieve o incumprimento reiterado das obrigas legais das administracións públicas competentes en materia de medios comunitarios, ao manter inaplicada a día de hoxe a Lei 7/2010 General de Comunicación Audiovisual, nove anos despóis da súa entrada en vigor.

É alarmante que nun estado de dereito, unha entidade coma Cuac FM teña que poñer en risco a súa supervivencia coma proxecto comunitario para que os Tribunais de Xustiza lembren aos poderes executivos o seu traballo pendente. Máis preocupante é ainda que unha administración utilice recursos públicos para esgotar todas as instancias contra unha sentenza favorable aos dereitos fundamentais dos administrados.

Con esta inadmisión a trámite péchase un episodio revelador dun xeito de entender a comunicación, pouco respectuoso cos dereitos fundamentais e por tanto, profundamente antidemocrático, que debería chamar a reflexión, non so á Xunta de Galicia, senon tamén á sociedade en xeral, e moi en  particular aos medios de comunicación.

En calquera caso, Cuac volveu para quedar, e reiteramos o noso agradecemento a todas as persoas, organizacións, e institucións que nos apoiaron nestes anos difíciles.

Este triunfo non tería sido posible sen vós. Cuac Resiste!!!

O Supremo tumba o recurso da Xunta contra Cuac FM