Agora-Són 2018
Agora-Són 2018: A Banda da Loba e Sonia Lebedynski fixeron vibrar o Ágora
O último venres de outubro a Banda dá Loba e Sonia Lebedynski encheron o Ágora e fixeron vibrar a todas e todos os que lles acompañabamos esa noite no Ágora
Mulleres poderosas
A Banda da Loba, cinco mulleres con garra, danzarinas, con poder feminino e cun canto galego, alegre, rebelde, feminista, abrazáronnos e fixeron vibrar a alma das e dos que quixemos e puidemos escoitalas. Cantaron as cancións do seu traballo discográfico “Bailando as Rúas” que están a presentar por toda Galicia e compartiron cancións con Sonia Lebediynski.
Continuou o concerto Sonia Lebedynski nese momento que decide lanzar a súa traxectoria artística en solitario co seu disco “Deserto de Centos”. Que bravura de muller poderosa, rebelde, feminista... abrázanos con música e a súa letra en galego inspirándonos con bravura. Entre canción e canción acompañada pola súa banda, falaba dos seus amores, as mulleres da súa vida que a acompañaron e que a acompañan, facéndoa ser a muller que é.
Agradeceu a Mónica Vigo que foi quen fixo para esta ocasión o seu vestiario e que este sábado 27 de outubro presenta a súa colección de outono /inverno no Convento Franciscano de San Antonio de Herbón en Padrón.
Mulleres despexando camiños
O ÁgoraSon 2018 está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña que empuxa á muller e a lingua galega