Agenda cultural

Hoxe comenza no “Fiandón. Libros de vello” o festival das Artes Inclusivas Diversidarte

Hoxe arrinca na Coruña “DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas”, que se celebrará do 2 ata o 17 de novembro. Nesta terceira edición o festival ten como protagonista a fotografía. Das oito exposicións que se levarán a cabo, sete estarán adicadas a artistas ou colectivos representantes desta disciplina artística. As súas obras poderán encontrarse en diferentes espazos hosteleros
da cidade.

Hoxe comenza no “Fiandón. Libros de vello” o festival das Artes Inclusivas Diversidarte
PORTADA Y CONTRA DIPTICO DIV OK NEW ERSI
DiversidArte 2018

O Festival DiversidArte celebra este ano a terceira edición. O obxetivo e dar visibilidade a máis de 75 artistas con diferentes diversidades, así como á importante labor que levan a cabo as diferentes entidades que traballan con colectivos diversos.

Actividades

  • O día 2 de novembro, ás 19h: Recital e votación do público do concurso de poesía e relato corto Diver-sía no Fiandón Libros de Vello, as 19h. (Rúa San Roque, 11)
  • 3 novembro as 18h: Proxección e votación do público do Concurso de curtometraxes pola diversidade Diversimacine, no CGAI. (Rúa Durán Loriga, 10)

 

 

Gala DiversidArte

 

O día 9 de novembro, terá lugar unha gala no Museo de Belas Artes da Coruña, rúa Zalaeta, 2, como celebración especial. A Plataforma DiversidArte, impulsada pola asociación, sen ánimo de lucro,  Poten100mos, espalla arte por diferentes puntos da cidade.

No evento entregaranse os premios dos concursos DiversimaCine e Diversía. E se amosarán os traballos gañadores. Así, proxectaranse as pezas audiovisuáis galardoadas e se recitará o texto premiado. Tamén haberá actuacións como a do colectivo venezolano  Orinoco Danza y Tradición, e a do bailarín Ricardo Prado, entre outras. Exposicións

“O Sorriso do Chimpancé”, é o resultado dun concurso de arte inclusivo levado a cabo pola plataforma DiversidArte e que se amosou por primeira vez durante o verán na Fundación Emalcsa, e que forma parte das exposicións do festival deste ano.

Os artistas, ou colectivos e espazos, seleccionados pola organización son os seguintes: Mohamed Said Hamdad, no Café de Macondo; NWN (Nos, Why Not), no Valentín; Mar de Hilos, no Recuncho de Esmeralda; La Diapo, no Bâ-bâ Bar; Lázaro Louzao, no Fiandón; Chelo do Xastre, no Art-T Café; e Isabel López Frieiro, na Taberna La Estrecha. “O Sorriso do Chimpancé” ocupará durante estes días un espazo en 15002 Ideas Coworking.

Hoxe comenza no “Fiandón. Libros de vello” o festival das Artes Inclusivas Diversidarte