ARTES POLA INTEGRACIÓN

Inaugurada a exposición de Ameneiro e suspendidos os obradoiros venres e domingo

As fotografías poden verse desde as mesmas portas do edificio e por toda a planta baixa. Son rostros habituais do Ágora.

Inaugurada a exposición de Ameneiro e suspendidos os obradoiros venres e domingo
Exposición de fotos de Jacobo Ameneiro 1-min
Exposición de fotos de Jacobo Ameneiro 1-min

O VI Encontro Artes pola Integración chegou esta mañá ao Ágora con algún cambio respecto do programa de man, que publicamos aquí esta semana, e coa suspensión de dúas das tras xornadas dos obradoiros que se celebrarán no Ágora.

O taller de danza teatro e o impartido polo DJ Pascal Kleiman (que ten previsto actuar esta noite) mantéñense para mañá sábado pola mañá. Mais non houbo sesión hoxe nin a haberá o domingo.

A exposición de Jacobo Ameneiro inaugurouse pola mañá, e non as dez e media desta noite como indicaba o programa de man. As fotografía xa se poden ver. Están colgadas desde as mesmas portas do edificio, e por todas partes na planta baixa. Os protagonistas son os traballadores do centro e algúns usuarios. A mostra, #Conversacoágora, irá medrando estes días con retratos dos usuarios que se acheguen ao Ágora.

Exposición de fotos de Jacobo Ameneiro 3-min


 

Inaugurada a exposición de Ameneiro e suspendidos os obradoiros venres e domingo