17 de Maio: día das letras galegas
A Real Academia Galega recoñece só a catro mulleres fronte a 55 homes como adalid das letras galegas, desde 1963
Nos 56 anos da celebración do dÍa das letras galegas, só catro mulleres, teñen recoñecido o mérito de defender e traballar pola lingua e a cultura galegas. Tendo en conta que o motivo desta data é a publicación dos Cantares galegos de Rosalia de Castro, o 17 de Maio de 1863, e que o recoñecemento ten que ser ao menos dez anos despois do seu falecemento, a data comenza xa da man da nai do Rexurdimento, tras o período represor desta cultura nos séculos escuros XVI, XVII e XVIII.
A lingua galega, estivo entón ausente dos usos escritos en contraposición co castelán e o portugués que entraron na categoría de linguas de cultura. No caso do galego, chegouse a considerar non apta para a ciencia e a cultura. Aínda que seguise sendo a vía normal de comunicación para case a totalidade da poboación de Galicia, maioritariamente feminina ao longo da historia, e transmisoras da cultura oral.
A comezos do século XIX co Rexurdimento retómase a conciencia nacional, e a literatura en galego volve a cultivarse. Os que tiñan acceso á educación nesta lingua e a alfabetización ata esta data eran maioritariamente homes da Igrexa, a burguesía ou a nobreza.
A diferenza entre as tasas de alfabetización dos homes é das mulleres galegas no século XIX foi unha das maiores de todo o territorio español. Segundo os datos demográficos, un 86% da poboación feminina está excluída dos estudios históricos.
Cabe lembrar que o acceso á escritura e a poder publicar textos en galego, así como á vida pública das mulleres, que puidesen posteriormente ser recoñecidos pola Real Academia Galega era moi restrinxido e practicamente un privilexio dunhas poucas loitadoras, conscientes da importancia desta lingua como o mellor vehículo de expresión da riqueza da súa cultura.
En canto á literatura realizada polas autoras galegas en lingua castelá, existen varias figuras que convertéronse en referentes literarios, e figuras notables da literatura española procedentes de Galicia, como Emilia Pardo Bazán, de familia nobre galega, novelista, xornalista, ensaísta e crítica literaria, introdutora do naturalismo. Outra muller galega, dentro dos grandes nomes da literatura, é Concepción Arenal, escritora realista vinculada ao pioneiro movemento feminista de finais do século XIX.
O século XX e os recoñecementos da Real Academia Galega
Á data de hoxe, os membros da Real Academia Galega, os que outorgan estes méritos as letras e a cultura galega son 30. Dos cales só sete son mulleres. Nunha sociedade maioritariamente feminina, onde hai máis dun 51 por cento de mulleres fronte a pouco mais dun 48 por cento de homes.
Tras o nomeamento de Rosalía de Castro, como a nai e percusora desta data a celebrar, tiveron que pasar vintecatro anos para volver a atopar o recoñecemento doutra muller, xa no ano 1987. A RAG destaca a labor de Francisca Herrera Garrido, da Coruña, que publicou o seu primeiro libro de poemas en galego, Sorrisas e bágoas no ano 1913, e foi a primeira muller membro de número da RAG.
A terceira desta lista vén outros 20 anos máis tarde. A poeta, nada no ano 1907, Maria Mariño, no centenario do seu nacemento, xa polo 2007, á que tamén dedicouse este recoñecemento, autora de Palabra no tempo e Verba que comeza, falece no ano 1967.
Once anos despois, xa no 2018, o ano pasado, foi a editora, de Cáceres, María Victoria Moreno Márquez, aínda que seu nacemento foi circunstancial, pola influenza da guerra, tamén viviu en Segovia, Barcelona, e Madrid antes de se instalar en Galicia. Ela afirmaba ser galega, a terra onde viviu máis tempo e a lingua e a cultura con que se identificou.