VIAXES
O CMIX pon a disposición da mocidade o servizo de Viaxeteca, que ofrece material para facilitar a planificación de viaxes
Ofrece guías de viaxe, mapas e planos, itinerarios, transportes, aloxamentos, turismo activo, campamentos, campos de traballo, cursos de idiomas, material documental e bibliográfico.
A través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), o Concello pon a disposición da mocidade a Viaxeteca para facilitar a planificación e organización das súas viaxes. Trátase dun dos servizos que se inscriben dentro do programa Móvete 2017, que inclúe as iniciativas da área municipal de mocidade arredor da temática de viaxes e vinculada ao CMIX. Neste espazo pódese ademais tramitar todos os carnés específicos para a mocidade, como son Xove euro<30, Alberguista, Internacional de Estudante e Xove internacional.
O Centro Municipal de Información Xuvenil está no edificio Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1; teléfono 981 184 294), en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas e sábados de 11.00 a 14.00 horas. Para consultas a través do correo: [email protected], e na páxina web do CMIX, www.coruna.gal/cmix.
Charla de Luis gago e concurso fotográfico
Ademais, ao longo do verán irán desenvolvéndose unha serie de iniciativas como o sorteo de dous billetes de Interrail , dous talleres gratuítos de fotografía aplicada ás viaxes e un Encontro Viaxeiro, o 13 de xullo no Fórum, con Luis Gago, viaxeiro que percorreu o mundo en ano e medio e que proporá un encontro artellado arredor da temática da gran viaxe feita con recursos económico limitados.
Nese mesmo mes convocarase a XIV edición do concurso Viaxarte de fotografía de viaxes, cuxo prazo para a admisión de fotografías abre o vindeiro 3 de xullo e se manterá ata o 4 de setembro.